Benvid@s ao meu blog, onde vos ensinarei todo o que sucede na biblioteca do Ceip Plurilingüe Antonio Fernández López de Oural
Etiquetas
- Familias na biblioteca
- Día do libro
- Nadal
- Radio Antolín
- Mochilas viaxeiras
- Entroido
- Biblioaxudantes
- Samaín
- Día da Paz
- Letras Galegas
- Día da Muller
- Proxectos
- 25 de Novembro
- Contacontos
- #DígochoEu
- Día da arte
- Día da biblioteca
- Día de Rosalía
- mes da Ciencia
- Día da Poesía
- Día das escritoras
- Maletas viaxeiras
- Plan Director
- Recomendacións
- Día do deporte
mércores, 30 de setembro de 2026
mércores, 9 de setembro de 2026
BENVIDOS E BENVIDAS A .....LUCES, CÁMARA, OURAL!
Comeza un novo curso escolar e na Biblioteca de Antolín estamos preparados para vivir novas aventuras entre libros, historias, imaxes e moita creatividade. 📚✨
Este curso 2026-2027 chega cargado de ilusión, novas lecturas e proxectos compartidos. Baixo o lema “Luces, cámara, Oural!”, converteremos a nosa biblioteca nun espazo de cine, investigación, creación e aprendizaxe, onde os libros e o mundo audiovisual serán os protagonistas.
Ao longo do curso descubriremos historias fascinantes, coñeceremos personaxes inesquecibles, exploraremos diferentes xéneros cinematográficos e deixaremos voar a nosa imaxinación a través de actividades, xogos e creacións colectivas.
Antolín xa está preparado para acompañarnos nesta nova aventura. 🎥🍿
Estades preparados e preparadas?
📢 Silencio, por favor…!
🎬 Comeza a función!
Benvidos e benvidas a un curso cheo de historias por descubrir e soños por compartir!
A Biblioteca de Antolín abre as súas portas. Que comece a aventura!
sábado, 6 de xuño de 2026
REMATA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS
O alumnado de 3º a 6º tiñan 2 tarefas moi especiais. Primeiro tiñan que resolver as 12 vilas que se atopaban detrás das pistas que lle deu Antolín. Despois foi a súa quenda de escoller unha vila galega e escribir as súas propias pistas para para que os seus compañeiros adiviñaran a súa vila.
E velaquí as adivinanzas que nos propuxeron!
Pola súa banda nas mochilas de Infantil, 1º e 2º de Primaria, tiñan que colorear a Vila de Antolín e falarnos do seu libro favorito da mochila.
Este é o resultado de como quedaron as vosas Vilas de Antolín.
luns, 1 de xuño de 2026
venres, 29 de maio de 2026
LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ADRIANA
O xoves, día 28, viñeron a nai de Adriana e o seu irmán a contarnos o conto "Leopoldo, el pequeño mostruo".
Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio. Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión... E se ser tan pequeno fose unha vantaxe?.
Un conto monstruoso para aprender que todos somos únicos.
martes, 26 de maio de 2026
A VILA DE ANTOLÍN: O TRABALLO DE SONIA
Hoxe tivemos unha visita moi interesante da mamá de Martín Rodríguez, que veu compartir connosco o seu traballo. Explicounos que son os taxis e os VTC, en que se diferencian e como funcionan no día a día. Ademais, contounos como curiosidade que no seu traballo coñece e atende persoas de moitos países diferentes, o que fai que cada día sexa unha experiencia distinta e enriquecedora.
Moitas grazas por dedicar un tempo a ensinar e responder ás nosas preguntas. Encantounos aprender contigo
LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ALBA
O luns, día 25, veu a nai de Alba a contarnos o conto "El oso y la solidaridad".
Oso descubre a importancia de axudar aos demais e de colaborar para superar as dificultades. Ao longo da historia, aprende que pequenos xestos poden marcar unha gran diferenza na vida dos seus amigos.
Un libro que nos fala da solidariedade, da empatía e do valor de axudarnos uns aos outros.
luns, 25 de maio de 2026
venres, 22 de maio de 2026
xoves, 21 de maio de 2026
I ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS
Participamos na I Romería das Letras, organizada polo colectivo Lemos Le en Sober, nunha xornada de celebración da lingua e da cultura galega.
Preparamos os nosos carteis identificativos, ensaiamos a canción e collemos o bus rumbo a Sober.
O noso alumnado de Infantil e 1º de Primaria colaborou interpretando a canción "4 vellos mariñeiros" de Uxía Lambona, compartindo escenario con outros centros e gozando dunha experiencia moi especial chea de música, convivencia e entusiasmo.
Foi unha magnífica oportunidade para celebrar as Letras Galegas e sentirnos parte dunha gran comunidade lectora e cultural. Moitas grazas ao colectivo pola invitación!
mércores, 20 de maio de 2026
A VILA DE ANTOLÍN: RCP CON FÁTIMA E SUSANA
Hoxe vivimos unha xornada moi enriquecedora grazas a Fátima, nai de Antón, e Susana, nai de Mateo, que compartiron con nós coñecementos moi importantes sobre primeiros auxilios.
Explicáronnos como actuar ante unha indisposición, como realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP) e a masaxe cardíaca, ademais de que facer en caso de atragoamento. Unha actividade moi interesante e práctica que nos axuda a aprender a actuar en situacións de emerxencia.
Moitas grazas por compartir o voso tempo e ensinarnos ferramentas tan valiosas
martes, 19 de maio de 2026
OBRADOIRO DE LAPIS 3D
Actividade co lapis 3D e letras
Hoxe puxemos a creatividade a traballar cunha divertida actividade utilizando o lapis 3D e as letras. Unha experiencia diferente na que combinamos aprendizaxe, imaxinación e novas tecnoloxías, desenvolvendo a motricidade, a creatividade e a capacidade de expresión.
venres, 15 de maio de 2026
OBRADOIRO DE RADIO: BEGOÑA CAAMAÑO
Realizamos un programa de radio dedicado a Begoña Caamaño, no que coñecemos mellor a súa vida e a súa obra.
A través das nosas intervencións compartimos información, lecturas e curiosidades sobre esta destacada escritora e xornalista galega, achegándonos ao seu legado dunha forma creativa e participativa.
xoves, 14 de maio de 2026
CLUB DE CIENCIA: PELOTAS SALTARINAS
Nesta sesión creamos pelotas saltarinas caseiras con fariña de millo, auga e unhas pingas de colorante.
Mesturamos os ingredientes (a mesma cantidade de fariña de millo e auga e unhas pingas de colorante), quentamos un minutiño no microondas… e despois chegou a parte máis divertida: facer boliñas coas mans e poñelas a saltar!
venres, 8 de maio de 2026
OBRADOIRO DE COCIÑA: RED VELVET
Este martes desenvolveuse na biblioteca de Antolín un obradoiro de cociña e como somos golosos, foi un obradoiro doce. Versionamos o pastel red velvet converténdoo en pink velvet, colacao velvet... iso si, exprés!
Receita:
- 6 culleradas de fariña.
- 5 culleradas de leite.
- 3 culleradas de azucre.
-1/4 cullerada de bicarbonato.
- 25 gr de chocolate negro.
- 1 cullerada de mantequilla.
- Unas gotitas de colorante.
Derrete a mantequilla e disolve nela o chocolate, agrega o leite e o azucre mistura ata que esté todo ben homoxéneo, incorpora o bicarbonato e a fariña e remexe. Engade o colorante.
Bótao nunha taza, pono un minuto no microondas e..... a desfrutar!!
xoves, 7 de maio de 2026
BOLSAS QUE VEÑEN E VAN EN INFANTIL
Como cada ano, o alumnado de Infantil leva nas súas mochilas viaxeiras os libros que eles mesmos escollen na biblioteca do centro.
Este curso, os martes pola tarde convértense nun momento moi especial, no que os nenos e nenas desta etapa visitan a biblioteca para elixir os contos que Antolín lles presta cada semana.
Unha oportunidade perfecta para descubrir historias, viaxar coa imaxinación e compartir en familia o gusto pola lectura.
mércores, 6 de maio de 2026
TRABALLO INVESTIGACIÓN ANIMAIS
Nas clase de 3º e 4º de Primaria, estiveron realizando ao longo do curso varios traballos de investigación. Neste último trimestre investigaron diversos animais e plantas. Elaboraron as súas presentacións e despois contáronlle todo o aprendido aos seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de Primaria.
A VILA DE ANTOLÍN: O TRABALLO DO DISTRITO FORESTAL DE LUGO- A Familia de Saínza e Xandre
Hoxe tivemos a oportunidade de coñecer de preto o traballo do Distrito Forestal de Lugo.
Durante a visita explicáronnos as súas funcións principais na xestión sostible dos montes, na prevención de incendios forestais e na conservacións do noso entorno natural.
Ademais ensináronnos o funcionamento do dron que empregan para labores de vixilancia e apoio, como se coordinan a través dos walkies, que son os batelumes e de que maneira se utilizan para actuar nos primeiros momentos do incendio.
Moitas gracias Tamara, por darnos a oportunidade de coñecer un novo traballo da Vila de Antolín.
venres, 24 de abril de 2026
OBRADOIRO DE COSTURA: Semana do libro
Entre as actividades levadas a cabo para conmemorar a semana do libro desenvolveuse un taller de costura durante os recreos do comedor para o alumnado que o desexou. No taller, instalado na biblioteca, os nosos alumnos e alumnas elaboraron unha carpeta para trasportar os libros emprestados por Antolín.
Os nosos nenos e nenas si que son uns verdadeiros mestres e mestras da costura.

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)















.jpg)






.jpg)





