xoves, 25 de novembro de 2021

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Elaboramos un mural xiganete no que os nenos e nenas elaboraron coas súas pegadas 2 grandes lazos violetas.



Despois gravamos un vídeo con distintas mensaxes contra violencia de xénero baixo o os lemas “Eu decido, que non mo neguen” e “Pon as gafas violetas contra o machismo e a violencia”. Tamén gravamos un trozo con Tanxugueiras da súa canción “Que non mo neguen”.

martes, 23 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Na clase de Infantil descubriron as cores de outono 




Na clase de 1º conseguiron pasar a auga dun vaso a outro sen tocar os vasos.


Na clase de 2º, incharon un globo sen soprar



Na clase de 3º, enviaron mensaxes con tinta invisible





En 4º  crearon un perfume único.


En 5º intentaron crear un remuíño nunha botella.


  

En 6º construíron un helicóptero que imita a natureza.















mércores, 17 de novembro de 2021

TANXUGUEIRAS NO COLE

 Esta semana tivemos a visita de Tanxugueiras. Moitas grazas por visitarnos e por ensinarnos tantas cousas...e por aceptar gravar un vídeo con todo o alumnado. Foi un auténtico pracer compartir un ratiño esta mañá con vós!