martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA



 Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse ata a Praza da Vila (Sarria), para acudir o evento organizado pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño do Ies Gregorio Fernández. Alí todos os coles da comarca recitamos poesías de Manuel María.




O acto rematou coa interpretación conxunta do poema de Manuela María "O carro" coa música de Baldomero Iglesias para o grupo Fuxan os Ventos.



venres, 17 de marzo de 2023

DÍA DE SAN PATRICIO



 Para conmemorar o día de San Patricio, en colaboración co Departamento de Inglés, fixemos un Obradoiro de Scones.

Compartimos con todos vós a receta e animámosvos a repetila nas vosas casas.



E tamén lle diseñamos un disfraz de Leprechaun a Antolín!




xoves, 16 de marzo de 2023

Mochilas Viaxeiras Xaneiro-Febreiro

Cada vez Antolín está máis sorprendido das fotos que lle facedes chegar e do moito que desfrutades coas mochilas!



luns, 13 de marzo de 2023

I Feira de Relatos da Biblioteca de Antolín






Unha vez recollidos todos os relatos, Antolín premiou o esforzo de todos os participantes e invitounos a compartilos oralmente con todos os seus compañeir@s. 



 Tamén estiveron na biblioteca varias semanas para que os seus compañeir@s tamñen puideran lelos.



PLAN DIRECTOR







mércores, 8 de marzo de 2023

ACTIVIDADES 8 DE MARZO DÍA DA MULLER

 Coñecendo grandes mulleres galegas conmemoramos o día 8 de Marzo en Radio Antolín.

A clase de 3º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Lucía Freitas.

 

  A clase de 1º e 2º coa axuda dos biblioaxudantes de 6º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Ana Peleteiro. 

 Na clase de 5º, elixiron a Susana Seivane, unha gran muller do mundo da música galega.
 

Mentres, varios dos biblioaxudantes elixiron un par de contos cuxo tema principal era  a igualdade entre os homes e as mulleres para contar nas clases de Infantil.

 Para a clase de 3 anos elixiron o conto "Las chicas pueden con todo"



Na clase de 4 e 5 contaron "Las chicas también pueden"


E na clase de 6º fixeron lapbooks sobre mulleres que eles admiran.









mércores, 1 de marzo de 2023

Actividades 8 de Marzo

 Na biblio xa temos lista a exposición de libros relacionados con esta conmemoración.





Antolín, colaborando co proxecto Donas de Sí, tamén quixo propoñer unha actividade!


A Feira de Relatos xa recibiu as súas primeiras propostas.


 E estamos gravamos varios podcasts para Radio Antolín.






NOVA MALETA VIAXEIRA

 Este mes recibimos a maleta viaxeira das ciencias!