Amosando publicacións coa etiqueta A vila de Antolín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A vila de Antolín. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de xuño de 2026

REMATA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas xa descansas na biblioteca ata a próxima aventura e con elas os cadernos viaxeiros.

O alumnado de 3º a 6º tiñan 2  tarefas moi especiais. Primeiro tiñan que resolver as 12 vilas que se atopaban detrás das pistas que lle deu Antolín. Despois foi a súa quenda de escoller unha vila galega e escribir as súas propias pistas para para que os seus compañeiros adiviñaran a súa vila. 



E velaquí as adivinanzas que nos propuxeron!











Pola súa banda nas mochilas de Infantil, 1º e 2º de Primaria, tiñan que colorear a  Vila de Antolín e falarnos do seu libro favorito da mochila.








 Este é o resultado de como quedaron as vosas Vilas de Antolín.





luns, 1 de xuño de 2026

martes, 26 de maio de 2026

A VILA DE ANTOLÍN: O TRABALLO DE SONIA

 Hoxe tivemos unha visita moi interesante da mamá de Martín Rodríguez, que veu compartir connosco o seu traballo. Explicounos que son os taxis e os VTC, en que se diferencian e como funcionan no día a día. Ademais, contounos como curiosidade que no seu traballo coñece e atende persoas de moitos países diferentes, o que fai que cada día sexa unha experiencia distinta e enriquecedora. 

Moitas grazas por dedicar un tempo a ensinar e responder ás nosas preguntas. Encantounos aprender contigo

xoves, 21 de maio de 2026

I ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Participamos na I Romería das Letras, organizada polo colectivo Lemos Le en Sober, nunha xornada de celebración da lingua e da cultura galega.

Preparamos os nosos carteis identificativos, ensaiamos a canción e collemos o bus rumbo a Sober.



O noso alumnado de Infantil e 1º de Primaria colaborou interpretando a canción "4 vellos mariñeiros" de Uxía Lambona, compartindo escenario con outros centros e gozando dunha experiencia moi especial chea de música, convivencia e entusiasmo.

Foi unha magnífica oportunidade para celebrar as Letras Galegas e sentirnos parte dunha gran comunidade lectora e cultural. Moitas grazas ao colectivo pola invitación!


Aquí vos deixamos unha foto da xornada. Tamén tedes o vídeo na nosa actuación no Instagram do cole.



mércores, 20 de maio de 2026

A VILA DE ANTOLÍN: RCP CON FÁTIMA E SUSANA

Hoxe vivimos unha xornada moi enriquecedora grazas a Fátima, nai de Antón, e Susana, nai de Mateo, que compartiron con nós coñecementos moi importantes sobre primeiros auxilios.

Explicáronnos como actuar ante unha indisposición, como realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP) e a masaxe cardíaca, ademais de que facer en caso de atragoamento. Unha actividade moi interesante e práctica que nos axuda a aprender a actuar en situacións de emerxencia.

Moitas grazas por compartir o voso tempo e ensinarnos ferramentas tan valiosas 



mércores, 6 de maio de 2026

TRABALLO INVESTIGACIÓN ANIMAIS

 
Nas clase de 3º e 4º de Primaria, estiveron realizando ao longo do curso varios traballos de investigación. Neste último trimestre investigaron diversos animais e plantas. Elaboraron as súas presentacións e despois contáronlle todo o aprendido aos seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º  de Primaria.




A VILA DE ANTOLÍN: O TRABALLO DO DISTRITO FORESTAL DE LUGO- A Familia de Saínza e Xandre

 Hoxe tivemos a oportunidade de coñecer de preto o traballo do Distrito Forestal de Lugo.

Durante a visita explicáronnos as súas funcións principais na xestión sostible dos montes, na prevención de incendios forestais e na conservacións do noso entorno natural.

Ademais ensináronnos o funcionamento do dron que empregan para labores de vixilancia e apoio, como se coordinan a través dos walkies, que son os batelumes e de que maneira se utilizan para actuar  nos primeiros momentos do incendio.

Moitas gracias Tamara, por darnos a oportunidade de coñecer un novo traballo da Vila de Antolín. 


xoves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO NA VILA DE ANTOLÍN

 O alumnado recibiu unha  nova carta de Antolín.


Puxéronse mans a obra e velaquí parte do resultado.



Na clase de Infantil 1 coñeceron a Miguel de Cervantes e a Don Quijote. Gustoulles moito a famosa aventura cos muíños de vento así como a canción da serie de debuxos animados.




Na clase de Infantil 2 quixeron compartir cos seus compañeiros e compañeiras un conto da casa, para presentalo na clase.

Aquí vai unha mostra de como o fixeron.









CLUB DE CIENCIA: PEGATINAS PARA VENTÁS

 

🧪 EXPERIMENTO: PEGATINAS PARA VENTÁS

Hoxe no club fixemos un experimento moi divertido e creativo: crear as nosas propias pegatinas reutilizables para decorar ventás 🪟

🔎 MATERIAIS:

  • Cola branca
  • Lavavaixelas
  • Colorante alimentario

👩‍🔬 PROCEDEMENTO:

  1. Mesturamos cola branca cun pouco de lavavaixelas.
  2. Engadimos unhas pingas de colorante.
  3. Remexemos ben ata conseguir unha mestura homoxénea.
  4. Debuxamos sobre plástico ou funda transparente.
  5. Deixamos secar varias horas… ¡e listo!

🌈 RESULTADO:
Unhas pegatinas tipo “window clings” que se poden pegar e despegar facilmente das ventás.








venres, 17 de abril de 2026

O museo de arte da Vila de Antolín

 Celebramos o  Día da Arte cunha actividade moi especial e creativa: a elaboración dos nosos propios cadros inspirados na Vila de Antolín.

Durante a sesión, cada clase deu renda solta á súa imaxinación para representar recunchos, paisaxes e detalles da vila, empregando diferentes técnicas e materiais artísticos. Utilizamos pinturas acrílicas, acuarelas e rotuladores acrílicos, o que nos permitiu experimentar con cores, texturas e estilos variados.

Aproveitaremos o día dos museos para inagurar o noso museo.

Educación Infantil 1: A nosa vila

Educación Infantil 2: As casas da clase de Infantil

1º Primaria: A vila mariñeira de 1º

2º Primaria: A vila mariñeira de Antolín


3º e 4º Primaria: A vila con rotuladores acrílicos


5º Primaria: A vila acuarelable



6º Primaria: