martes, 28 de outubro de 2025

ARRANCA A AVENTURA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras xa están listas para comezar unha nova aventura!

No seu interior atoparedes libros de diferentes temáticas para descubrir historias, aprender cousas novas e gozar da lectura en familia. Tamén levan un caderno de viaxe, onde poderedes anotar experiencias, debuxar, recomendar lecturas ou compartir momentos especiais vividos coa mochila.

Pero nesta ocasión a mochila trae ademais un divertido xogo para viaxar por Galicia e coñecer algunhas das súas vilas máis fermosas.

Viaxamos por Galicia

Leede as pistas e intentade adiviñar de que vila galega se trata.

Despois chega o voso turno, xa que teredes que propoñer pistas para que os vosos compañeiros adivinen a vosa vila misteriosa.


venres, 24 de outubro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS #LecturasCompartidas

 Celebramos o Día da Biblioteca cunha data moi especial: o 6º aniversario de Antolín, a nosa mascota.



Para festexalo, o alumnado máis maior visitou as demais aulas para compartir contos e momentos de lectura cos máis pequenos. Foi unha xornada chea de historias, lectura e diversión arredor da nosa biblioteca.





Ademais, elaboramos uns stickers conmemorativos para lembrar esta celebración.

                                            
                                             
                                             
E rematamos a xornada facendo unha xuntanza na biblioteca, merendando a torta que lle preparamos no obradoiro de cociña.
                                                   
                                         

xoves, 23 de outubro de 2025

BIZCOCHO DE CHOCOLATE

 Hoy el alumnado de 2º, después de trabajar la receta en clase de lengua, estuvo en la cocina de Antolín para elaborar un bizcocho de chocolate para celebrar el cumpleaños de Antolín.


El primer paso, fue Leer la receta y pesar los ingredientes. Después fuimos siguiendo las instrucciones para hacer la receta paso a paso terminamos metiendo el bizcocho en el horno.

Aquí os dejamos unas fotos de nuestros cocineros y cocineras manos a la obra.







 

martes, 21 de outubro de 2025

ANTOLÍN DO COLE DE OURAL

 Creamos a canción de Antolín a partir das nosas ideas e coa axuda da Intelixencia Artificial.



E como regalo de aniversario, a Antolín fixémoslle unha canción! Compartimos con vós a letra e a música.

A GRAVATA DE ANTOLÍN

Para celebrar o cumple de Antolín,  o noso alumnado deseñou unha gravata para regalarlle a Antolín polo seu aniversario. Estas foron as elexidas en cada unha das clases. Cal sería a gañadora por votación popular?

 


luns, 20 de outubro de 2025

OBRADOIRO DE COSTURA DE HALLOWEEN

No obradoiro de costura de Samaín traballamos co fieltro para crear terroríficas e divertidas figuras.

Primeiro elaboramos o patrón, despois recortamos as pezas, cosémolas con moito coidado e, por último, decorámolas ao noso gusto. Unha actividade na que desenvolvemos a creatividade, a motricidade fina e a paciencia mentres celebramos o Samaín.






BIOGRAFÍA DE ANTOLÍN

 A clase de 6º de Primaria tivo que superar unha serie de retos para poder escribir a biografía de Antolín.




Aquí voa deixamos o resultado!




A DESAPARICIÓN DE PHOTOLÍN

 Recibimos unha nova carta na que Antolín nos pide axuda para atopar a Photolín, o seu amigo espacial.





O alumnado de Infantil foi o responsable de crear carteis para buscar a Antolín.


En 2º de Primaria foron os responsables de situar Vilas Galegas no mapa para axudar a Photolín.



En 5º de Primaria escribiron a noticia no Xornal de Antolín.



xoves, 9 de outubro de 2025

A BIBLIOTECA ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS NO RECREO.

 A  biblioteca abre de novo as portas cun montón de propostas: elaboramos un mural de outono, fixemos follas con lapis 3D, construimos cos legos e con Kapla, os biblioaxudantes leron contos aos máis pequenos...


Tamén aproveitou Antolín para facer unha escolma de libros nos que alumnado poida coñecer máis sobre as vilas galegas.