sábado, 9 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA E DA MULLER



Esta semana convertémonos en periodistas, e entrevistamos a mulleres moi vinculadas a vida diaria do cole. O primeiro paso foi concertar a entrevista. Despois transcríbirona ao xornal de Antolínm co seu correspondente titular, foto e desenvolvemento da noticia.


En 4º e 5º de Educación Infantil desprazáronse ata a cociña para falar coas nosas cociñeiras. Xa na clase escribiron todo o que lles contaron.



O alumnado de 6º de E.Infantil realizou unha entrevista moi especial que gravou para Radio Antolín. Queredes saber a quen? Dádelle ao play.




O alumnado de 1º e 2º de Primaria entrevistaron a "Unha muller moi preparada", a nai de María.


En 3º, conversaron con Divina, a carteira do cole. Unha muller que leva 34 anos exercendo a súa profesión.


En 4º, decidiron entrevistar a nosa cuidadora.


Mentres, en 5º, centraron a súa atención en Mariana, a profe de ioga e zumba .

 O alumnado de 6º de E Primaria entrevistou a persoa encargada de axudarnos a manter o cole limpo. Que lles contaría?
 
 

luns, 4 de marzo de 2024

ROSALÍA DE CASTRO

 Tralo obradoiro con Estefanía Padullés, o alumnado estivo facendo un pequeno cómic de Rosalía.




O alumnado de 6º de Primaria tamén elaborou un lapbook sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.