Esta semana convertémonos en periodistas, e entrevistamos a mulleres moi vinculadas a vida diaria do cole. O primeiro paso foi concertar a entrevista. Despois transcríbirona ao xornal de Antolínm co seu correspondente titular, foto e desenvolvemento da noticia.
En 4º e 5º de Educación Infantil desprazáronse ata a cociña para falar coas nosas cociñeiras. Xa na clase escribiron todo o que lles contaron.
O alumnado de 6º de E.Infantil realizou unha entrevista moi especial que gravou para Radio Antolín. Queredes saber a quen? Dádelle ao play.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria entrevistaron a "Unha muller moi preparada", a nai de María.
En 3º, conversaron con Divina, a carteira do cole. Unha muller que leva 34 anos exercendo a súa profesión.
En 4º, decidiron entrevistar a nosa cuidadora.
Mentres, en 5º, centraron a súa atención en Mariana, a profe de ioga e zumba .
O alumnado de 6º de E Primaria entrevistou a persoa encargada de axudarnos a manter o cole limpo. Que lles contaría?
Ningún comentario:
Publicar un comentario