luns, 30 de marzo de 2020

RETO 2

O segundo reto que vos propoñemos é musical. Seredes capaces de recoñecer as cancións que estou tocando?

Canción 1


Canción 2




Canción 3

Estou segura que sabedes que cancións son. Pois agora só tedes que escribir un comentario debaixo ou enviar un correo coa resposta a colexiooural@gmail.com onde escribidades o nome das 3 cancións. Tamén é importante que poñades o voso nome. 

luns, 23 de marzo de 2020

RETO 1

Así vos propoñemos o primeiro gran reto. A finais de semana, subiremos outro. A forma en que o fagamos... seguirá a ser sorpresa!





Non esquezades que na presentación do xogo, tedes retos xerais que podedes facer cando queirades.













"OS EXTERVIRATORS"

Na seguinte presentación, podedes ver como participar neste xogo...


https://view.genial.ly/5e73636013cb0c45271d1d29/video-presentation-genially-sin-titulo

Como xa vistes na presentación... este é o noso taboleiro de xogo... Conseguiremos erradicar o virus??





ANIMÁDEVOS!

venres, 20 de marzo de 2020

BENVIDOS AO BLOGUE DE ANTOLÍN

Ola rapazada!! 
A verdade é que xa van moitos días sen vernos eh? É unha mágoa o que estamos vivindo... pero como sempre vos dicimos na clase... de todo se aprende algo!
As mestras e mestres do cole de Oural, coa indubidable axuda do noso querido Antolín, decidimos facer este blogue para sentirnos máis cerca uns dos outros.
Nel ides atopar diversas propostas e podedes deixar os comentarios que vós queirades! A todos nós, encantaranos ler o que escribides.