luns, 21 de marzo de 2022

Día da Poesía

 O alumnado de 5º e 6º desprazouse ata a Sarria para celebrar co resto de coles da comarca o día da Poesía. Alí todos os coles lemos varias poesías e bailaron e cantaron a canción "As da poesía", unha versión da canción Terra de Tanxugueiras.

  

No seguinte vídeo podedes ver os poemas que recitaron.





martes, 8 de marzo de 2022

venres, 4 de marzo de 2022

4º e 5º Semana Mochila Viaxeira

 Aquí vos deixamos un resumo da nova viaxe da mochila viaxeira. Encántanos vervos disfrutar co contido da mochila!


xoves, 3 de marzo de 2022

EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS DE ENTROIDO NA BIBLIOTECA

 Este ano fixemos na biblioteca unha exposición de máscaras de entroido. Todas elas as fixemos reciclando materiais. Tamén fixemos varios murais no que explicamos a historia da máscara e con que materiais esta feita.