luns, 27 de febreiro de 2023

PROXECTO O ANTIGO EXIPTO


O alumnado de 5º e 6º de Infantil estivo coñecendo a vida no Antigo Exipto. Quixeron gravar este vídeo onde nos contan todo o que aprenderon!

 

E na seguinte foto, podedes ver todo o que traballaron!



xoves, 23 de febreiro de 2023

FESTIVAL ENTROIDO

INFANTIL DE VIAXE EN EXIPTO



1º E 2º PRIMARIA DE VIAXE NA INDIA



3º PRIMARIA DE VIAXE EN ITALIA



4º PRIMARIA DE VIAXE EN ÁFRICA




5º PRIMARIA DE VIAXE EN HAWAI



6º PRIMARIA DE VIAXE EN FRANCIA


venres, 17 de febreiro de 2023

UN ENTROIDO VIAXEIRO CON ANTOLÍN ARILINES

 Este ano saímos de viaxe para dar a volta ao mundo coa nosa compañía "Antolín Airlines". Subimos con Infantil a alfombra para chegar a Exipto, bailamos "Jai Ho" con 1º e 2º, collemos a góndola en Venecia con 3º, adentrámonos no corazón de África con 4º, voamos a Hawai con 5º e rematamos o noso "Voyage Voyage" particular en Francia con 6º.








xoves, 16 de febreiro de 2023

MECO XOVES

 Chegamos ao xoves listos para a aventura que nos preparou Antolín e os seus axudantes. Xa temos as gafas, a toalla para ir a praia, o gorro ben quentiño por se nos pilla o frío no camiño e unha maleta preparada para comezar a aventura.







mércores, 15 de febreiro de 2023

MECO MÉRCORES

O mércores, tocábanos levar un gorro ben quentiño por se nos pillaba o frío no camiño da nosa viaxe!






 





luns, 13 de febreiro de 2023

MECO LUNS

Rapaces e rapazas poñédevos as gafas!










DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe celebramos o Día Mundial da Radio facendo un programa moi especial. Se queredes saber quen son as protagonistas deste programa, dádelle ao play!


domingo, 12 de febreiro de 2023

NOVAS AVENTURAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Seguen as aventuras das mochilas viaxeiras, cada día estamos máis agradecid@s da boa acollida que lles dades nas vosas casas!



mércores, 8 de febreiro de 2023

CHEGARON AS MANDAS DE ANTOLÍN

  Este ano a temática do noso entroido é a Volta o Mundo, e Antolín ten todo pensado para chegar ao festival preparados.

CONVERTÉMONOS EN COCIÑEIROS

O venres acompañounos a mamá de Martín, que respondeu a chamada da nosa mascota Antolín. Converteu ao nosos alumnos da clase de 3 anos en cociñeiros con mandil e goroo incluídos. Entre todos cortaron as froitas para preparar un riquísimo batido. Moitas grazas Sonia  por compartir este ratiño con nós.



venres, 3 de febreiro de 2023

OBRADOIRO CHAPAS

Esta semana todo o alumnado que participou na semana da paz, puido facer unha pequena chapa de recordo. 1º fixeron un debuxo e despois coa axuda dos biblioaxudantes fixeron a chapa. Sodes uns artistas, fixestes auténticas obras de arte!