luns, 30 de xaneiro de 2023

CHEGOU O DÍA DA ANSIADA SORPRESA DOCE

Despois do traballo realizado a semana pasada, chegou o día da recompensa. Todos os nenos e nenas que conseguiron 3 puntos no seu carnet da paz, puideron participar nesta pequena merenda con palomitas. 






COÑECEMOS O TRABALLO DE CRISTINA

 Esta mañá tivemos unha visita moi especial para o alumnado de 4º e 6º de EP. Visitounos a mamá de Izan e Paula para falarnos do seu traballo na planta de pediatría no HULA.

Explicounos o traballo que realiza, contounos que no hospital tamén hai unha escola cunha superprofe, como  decoran a planta para conseguir que os nenos e nenas que teñen que estar ingresados se sintan o mellor posible e ensinounos 2 vídeos que fixeron.

Quedamos abraiados de todo o traballo realizado. Foi un pracer recibirte na biblioteca. Moitas grazas pola túa visita!







sábado, 28 de xaneiro de 2023

SEMANA DA PAZ-Resolvendo Adiviñas en equipo

Hoxe foi día de retos na biblio. Por grupos foron creando adiviñas, unhas relacionadas coa día da Paz e outras con libros da biblio. 








 Aquí vos ensinamos o resultado das adiviñas que crearon!


xoves, 26 de xaneiro de 2023

SEMANA DA PAZ- Coreografía Grupal

Hoxe tocou crear unha coreografía en grupo para unha canción de Juanas chamada PAZ PAZ PAZ.
Quedaron unhas coreografías chulísimas! Ata as profes se animaron a bailarnos a súa!

SEMANA DA PAZ- Xogo Cooperativo

 Na xornada de hoxe os xogos cooperativos foron a actividade elexida. 

Ensinámosvos que ben o pasamos nas seguintes fotos e vídeos.












martes, 24 de xaneiro de 2023

SEMANA DA PAZ- Debuxo Colectivo

 Hoxe tocaba facer un debuxo colectivo. Por iso cada grupo deseñou un pequeno puzzle da Paz.







 E velaqui o resultado final!



luns, 23 de xaneiro de 2023

SEMANA DA PAZ- FACEMOS ESCULTURAS CON MATERIAIS DO ENTORNO

Unha vez que os biblioaxudantes fixeron os distintos grupos, puxéronse mans a obra. Cada grupo dispoñía dun material distinto (cartóns, rolos de papel, tapas, piñas...), podían facer intercambios co resto dos grupos. Tamén debían compartir as tesoiras, pegamento e rotuladores. Traballando en equipo tiñan que facer esculturas relacionadas co día da paz.












Compartimos con vós un vídeo da xornada.





VELAQUÍ TEDES O RESULTADO! IMPRESIONANTE!






 

venres, 20 de xaneiro de 2023

BIBLIOAXUDANTES EN ACCIÓN

Os biblioaxudantes preparan as actividades para a semana da Paz.




 Contan contos ao alumnado de Infantil.


Colaboran na elaboración de murais.



mércores, 18 de xaneiro de 2023

NOVO PROGRAMA DE RADIO ANTOLÍN

 

VISITA SÍNDROME DE DOWN LUGO

 O martes 10 tivemos no centro unha actividade organizada polo departamente de orientación e pola asociación Síndrome Down de Lugo. En Infantil confeccionaron o elefante Elmer con distintos materiais.En 1º, 2º e 3º participaron nun cómic e confeccionaron diferentes pulseiras. Para os maiores de 4º, 5º e 6º proxectouse un breve corto e unha explicación sobre as persoas con Síndorme de Down. Tamén se lles propuxo distintas situacións para debatir entre todos.

Aprendemos que non están enfermos, senón que teñen unha alteración cromosómica  que lles fai ter unhas determinadas características. Pero con esforzo e axuda consiguen traballar, vivir en parella e ser independente igual ca os demais. Por iso merecen todo o noso respecto e admiración.



xoves, 12 de xaneiro de 2023

A MALETA DAS EMOCIÓNS

Durante o presente curso, en colaboración co departamento de orientación,  ademais de aprender as letras, os números, ciencias, inglés ou música, decidiuse que a educación emocional sería unha boa materia para a aprendizaxe do noso alumnado e tamén dos profes. Por iso, púxose en marcha a maleta das emocións onde cada neno/a trae aqueles obxectos que lle fan sentir ben. Amósao aos demais e fainos partícipes dos seus sentimentos. O fin fundamentald este proxecto é coñecernos a nós mesmos e darnos a coñecer aos demais para que nos respecten e teñan en conta os nosos sentimentos. SER PERSOA E SENTIR É A MATERIA MÁIS IMPORTANTE DA VIDA e debemos comezar a traballar as emocións desde pequeniñas para saber xestionalas de maiores.



martes, 10 de xaneiro de 2023

PRIMEIRAS AVENTURAS DAS MALETAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras levan uns meses de ruta. Antolín está encantado con todo o que lle contades nos cadernos viaxeiros, e está desexando aprender a facer as manualidades tan chulas que trouxestes ao cole! 
Xa se atopan preparadas para comezar as seguintes aventuras!!