Esta mañá tivemos unha visita moi especial para o alumnado de 4º e 6º de EP. Visitounos a mamá de Izan e Paula para falarnos do seu traballo na planta de pediatría no HULA.
Explicounos o traballo que realiza, contounos que no hospital tamén hai unha escola cunha superprofe, como decoran a planta para conseguir que os nenos e nenas que teñen que estar ingresados se sintan o mellor posible e ensinounos 2 vídeos que fixeron.
Quedamos abraiados de todo o traballo realizado. Foi un pracer recibirte na biblioteca. Moitas grazas pola túa visita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario