venres, 25 de novembro de 2022

25N- Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Desde o noso cole berramos ben alto NON á violencia.  Representamos coa linguaxe de signos a canción Loba de Rozalén. Aquí tedes o resultado.

xoves, 24 de novembro de 2022

As bolsas viaxeiras comezan a súa aventura

As bolsas viaxeiras comezan a aventura nas clases de infantil. Acompañarán cada semana aos libros que elixan  todos os nenos e nenas de Infantil!

 Que comece a aventura!


luns, 21 de novembro de 2022

MES DA CIENCIA

Este mes celebramos O MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA, polo que Antolín preparaoulle a todo o alumnado varios experimentos científicos
Coma sempre, recibiron nas súas clases a seguinte carta:


Aquí vos mostramos o proceso e o resultados dos seus experimentos.

4º EI:  Como inflar un globo... sen soprar! 

 5º e 6º EI:  Orugas en Movemento 


1º e 2ºEP:  Un globo de reacción


3º EP: Catapulta de bolsillo

4º EP: Disco de Newton





5º EP: Papel Reciclado

6º EP: Un helicóptero que imita a natureza




Se vos animades a facer algún dos experimentos, deixámosvos as instrucións para que os poidades volver a facer nas vosas casas.

CONTACONTOS ESPECIAL NA BIBLIOTECA

Hoxe a clase de 4º EI recibiu unha visita moi especial: a familia de Adrián. Viñeron a contarlles o conto de "Cocorico". 
Foi un placer recibilos na biblioteca. Moitas grazas pola vosa visita!



venres, 18 de novembro de 2022

20 NOVEMBRO- DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS


 Nas clases estiveron falando dos dereitos dos nenos e nenas. Despois estamparon as súas mans nunha cartolina e levantaron as mans polos seus dereitos!










Tamén aproveitamos para recordar o vídeo que gravamos o ano pasado!




sábado, 12 de novembro de 2022

COÑECEMOS A PREHISTORIA. PROXECTO NA CLASE DE INFANTIL

A clase de infantil rematou a súa viaxe pola Prehistoria.

 Fixeron as asambleas nunha cova


 Coñeceron os trogloditas e a súa forma de vida








E ata disfrazaron a Antolín!



Construiron un menhir e un dolmen






 Fixeron pinturas rupestres


 

Para rematar fixeron unha foto con todo o que investigaron!




xoves, 3 de novembro de 2022

ANTOLÍN E A SÚA PRIMEIRA VISITA

Antolín recibiu resposta a súa mensaxe... e hoxe abriu as portas da biblio para recibir a Miguel, o pai de Thiago. Así os nenos de primero e segundo mantiveron unha animada charla na que lles contou as súas experiencias como adestrador de Basket. Algún deles quedou sen palabras... E despois disto puideron desfrutar dunha sesión lúdica de basket dirixida por Miguel. Moitas gracias por todo! Foi un pracer recibir a túa visita e aprender tanto contigo!
Antolín quere seguir animando ás familias  a participar contando as súas experiencias ou propoñendo actividades para facer co alumnado. De seguro que lles fará tanta ilusión coma a que recibiron hoxe!