xoves, 18 de maio de 2023

ANTOLÍN COÑECE A XELIÑA

Antolín, en compañía das clase de Infantil, 1º e 2º visitou a Biblioteca da EEI Xela Arias (Sarria). Alí recibiunos Xeliña e Rocío, a súa man dereita. Ensinounos a súa biblioteca e fixéronnos un pequeno agasallo. 

Antolín, como non, levoulle unha carta de agradecemento pola súa acollida e un libro pa Xeliña e todo o alumnado da Escola. Contáronlles un conto e despois acudiron a un espectáculo de Maxia.

Que xornada máis divertida! Esperamos ver a Xeliña e os seus amig@s pronto pola biblioteca de Antolín!


Xa no cole, alumnos de Infantil fixeron o seu particular debuxo de Xeliña!





Visitamos os Bombeiros de Sarria

 O alumnado de Infantil, 1º e 2º desprazouse ata o parque dos Bombeiros de Sarria para coñecer o seu traballo. Alí ensináronlle a roupa do seu uniforme, o camión de Bombeiros, o camión grúa, como fan excarcelacións...

Mil grazas por toda a vosa paciencia! O alumnado quedou encantado con todo o que lles ensinastes!!













ALFABETO CON RECENDO A GALICIA

 

luns, 15 de maio de 2023

Proxecto: A Idade Media

O alumnado de 5º e 6 º de Infantil continúa a traballar distintas épocas da historia. Agora foi o turno da Idade Media. Convertéronse en damas e cabaleiros, raíñas e bufóns.... incluso tiveron o seu propio castelo na clase.







De asemblea no castelo

 
Fixeron banderíns e mesmo pintaron a última raíña medieval!

Aquí tedes un resumo de todo o que traballaron



luns, 8 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023: Francisco Fernández del Riego

Xa temos lisa a selección de libros para conmemorar esta data tan importante!




 O alumnado de 6º gravou un pequeno podcast onde nos contan cousas moi interesantes de Francisco Fernández del Riego.




E tamén fixo un póster co resumo de todo o que nos contaron.