xoves, 18 de maio de 2023

ANTOLÍN COÑECE A XELIÑA

Antolín, en compañía das clase de Infantil, 1º e 2º visitou a Biblioteca da EEI Xela Arias (Sarria). Alí recibiunos Xeliña e Rocío, a súa man dereita. Ensinounos a súa biblioteca e fixéronnos un pequeno agasallo. 

Antolín, como non, levoulle unha carta de agradecemento pola súa acollida e un libro pa Xeliña e todo o alumnado da Escola. Contáronlles un conto e despois acudiron a un espectáculo de Maxia.

Que xornada máis divertida! Esperamos ver a Xeliña e os seus amig@s pronto pola biblioteca de Antolín!


Xa no cole, alumnos de Infantil fixeron o seu particular debuxo de Xeliña!





Ningún comentario:

Publicar un comentario