luns, 30 de marzo de 2026

CLUB DE CIENCIA: PETIT SUISSE

No club de ciencia convertémonos en pequenos cociñeiros e cociñeiras e fixemos receitas moi divertidas.

Primeiro preparamos un delicioso petit suisse utilizando fresas, queixo fresco, azucre e xelatina. Mesturamos todos os ingredientes e observamos como cambiaba a textura ata conseguir unha sobremesa moi rica.

Ademais, tamén fixemos unhas nubes de fresa con xelatina. Foi sorprendente ver como a mestura se transformaba pouco a pouco ata quedar esponxosa e suave.

Pasámolo xenial experimentando coa comida e aprendendo que a ciencia tamén está na cociña.

Que ben sabe aprender!

A VILA DE ANTOLÍN: A FAMILIA DE AARÓN E NAIRA

 A semana pasada tivemos a visita da mamá de Aarón e  Naira que veu ao cole para falarnos do seu traballo como administrativa.

Explicounos en que consiste o seu día a día e a importancia de organizar documentos, atender ás persoas e levar ben as tarefas para que todo funcione correctamente nunha empresa.

Ademais, contounos algo moi interesante: todas as persoas que fan falta para construír unha casa. Aprendemos que non só traballan os albaneis, senón que tamén son moi importantes outros profesionais como o arquitecto, que deseña a casa; o albanel, que a constrúe; o fontaneiro, que instala a auga; e o notario, que se encarga dos documentos legais.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que puidemos aprender moito sobre o mundo do traballo e a importancia de cada profesión.

Moitas grazas pola visita Esperanza!

xoves, 26 de marzo de 2026

CLUB DE CIENCIA: LÁMPARA DE LAVA

No Club de Ciencia realizamos unha actividade moi chamativa e divertida: a creación dunha lámpada de lava caseira. A través deste experimento, o alumnado puido observar reaccións químicas e fenómenos físicos dun xeito visual e sorprendente.

Materiais utilizados

  • Un vaso ou botella transparente
  • Auga
  • Aceite
  • Colorante alimentario
  • Pastillas efervescentes

Como o fixemos?

Primeiro, enchemos o recipiente con auga e engadimos aceite ata cubrir boa parte do vaso. Observamos como ambos líquidos non se mesturan. Despois, engadimos unhas pingas de colorante alimentario. Finalmente, botamos unha pastilla efervescente e… comezou o espectáculo!

Que ocorreu?

Ao reaccionar coa auga, a pastilla libera gas que fai subir e baixar burbullas de cor a través do aceite, creando un efecto moi parecido ao dunha lámpada de lava.

Que aprendemos?

  • Que a auga e o aceite non se mesturan (densidade diferente)
  • Que as reaccións químicas poden producir gases
  • Como pequenos cambios poden xerar efectos visuais sorprendentes





luns, 23 de marzo de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE NEREA

O venres, día 13 de marzo, veu a nai de Nerea a contarnos o conto "Os libros non son para os osos".



Oso atopa un libro en metade do bosque. Correndo, vai ver ao seu amigo Bufo para que lle ensine a ler. A partir de aí... Oso dáse conta de que quere máis e máis libros. Sen pensalo moito, colle unha bici que atopa e diríxese á cidade a por máis, pero a xente da cidade o único que lle di é que os libros non son para os osos.


Tras contar o conto cada neno e nena fixo un marcapáxinas coa súa inicial.


                                           Moitas grazas por vir!


venres, 13 de marzo de 2026

O TEMPO EN RADIO ANTOLÍN

O alumnado de 2º de Primaria gravou un podcast sobre o tempo en Galicia. Primeiro prepararon a súa previsión meteorolóxica no mapa de Galicia e despois  elaboraron o guión co que querían contar.

 

Despois chegou o momento da gravación en Radio Antolín, no que cada grupo puxo voz ao seu podcast.





xoves, 5 de marzo de 2026

CLUB DE CIENCIA: SIMETRÍAS CON ESPELLOS

 No Club de Ciencia do Antolín seguimos explorando o mundo que nos rodea a través de pequenos experimentos. Nesta ocasión, traballamos as simetrías utilizando espellos.

A través de diferentes figuras, debuxos e formas xeométricas, o alumnado puido comprobar como, ao colocar os espellos en distintas posicións, aparecían imaxes completas, novas figuras e sorprendentes patróns. Foi unha forma moi visual e divertida de entender que é a simetría e como funciona.

Durante a actividade, os nenos e nenas experimentaron, fixeron probas e descubriron como unha simple metade dun debuxo podía converterse nunha figura completa grazas ao reflexo do espello. Ademais, tamén observaron como se podían crear formas máis complexas xogando co ángulo e a posición dos espellos.

Foi unha sesión chea de curiosidade, descubrimentos e momentos de sorpresa, na que a ciencia e as matemáticas se mesturaron co xogo e a experimentación.







A PANADERÍA DA VILA DE ANTOLÍN

Estes días, a aula de Infantil transformouse nunha auténtica panadería. O alumnado puxo o mandil, preparou os ingredientes e mans á masa para elaborar o seu propio pan.

Durante a actividade, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer os ingredientes básicos do pan, mesturalos e amasar con moita ilusión. Foi unha experiencia moi divertida na que, ademais de aprender, puideron experimentar cos sentidos: tocar a masa, ulir o pan mentres se preparaba e observar como cambiaba durante o proceso.

Entre fariña, risas e moitas ganas de participar, a aula encheuse de ambiente de panadería. Cada pequeno panadeiro e panadeira puxo o seu gran de area para conseguir un delicioso resultado final.

Esta actividade permitiu traballar a autonomía, a colaboración e a curiosidade por aprender facendo, convertendo unha simple receita nunha experiencia inesquecible.








luns, 2 de marzo de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ARES E LIAM

 O xoves, día 26, veu a nai de Ares e Liam a contarnos o conto "¿Y si una ballena viajara a la luna?  y otras preguntas curiosas".




A historia invita aos cativos/as a imaxinar situacións disparatadas: que pasaría se unha balea fora a túa invitada de cumpleanos, te acompañara ao karaoke ou decidira darse un chapuzon na túa piscina cun gorro?. A través destas escenas, o libro revela curiosidades sobre estes animais: comportamento, anatomía...


    Moitas grazas por vir!


LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE KEVIN E DILAN

 O luns, día 23, veu a nai de Kevin e Dilan a contarnos o conto "Lobo Feroz".


Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz


    Moitas grazas por vir!