luns, 30 de marzo de 2026

A VILA DE ANTOLÍN: A FAMILIA DE AARÓN E NAIRA

 A semana pasada tivemos a visita da mamá de Aarón e  Naira que veu ao cole para falarnos do seu traballo como administrativa.

Explicounos en que consiste o seu día a día e a importancia de organizar documentos, atender ás persoas e levar ben as tarefas para que todo funcione correctamente nunha empresa.

Ademais, contounos algo moi interesante: todas as persoas que fan falta para construír unha casa. Aprendemos que non só traballan os albaneis, senón que tamén son moi importantes outros profesionais como o arquitecto, que deseña a casa; o albanel, que a constrúe; o fontaneiro, que instala a auga; e o notario, que se encarga dos documentos legais.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que puidemos aprender moito sobre o mundo do traballo e a importancia de cada profesión.

Moitas grazas pola visita Esperanza!

Ningún comentario:

Publicar un comentario