venres, 22 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO


 Na clase de 2º fixeron a súa versión do conto Where's Spot? de Eric Hill. 


Despois fixemos a estrea do vídeo na clase de Infantil. Aos seus compañeiros/as encantoulle o conto, polo que recibiron unha gran ovación ao remate da proxección.



martes, 19 de abril de 2022

8ª e 9ª semana Mochila Viaxeira

 Xa queda pouco para que remate a aventura da mochila viaxeira. Aquí vai un resumo das últimas viaxes!



venres, 15 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DA ARTE

 Para celebrar o Día Mundial da Arte desde a biblioteca e a asignatura de Art decidimos recrear varias obras de arte. E velaquí o resultado!

A clase de Infantil e "Viva la vida " de Frida Khalo.



En 1º fixeron unha versión das pinturas abstractas en vermello, amarelo e azul de Piet Mondrian.


En 2º atrevéronse coas obras abstractas de Sonia Delaunay.


En 3º fixeron unha versión  dunha das grandes obras de Joan Miró.


En 4º relacionaron a arte coa música e fixeron unha obra de Picasso.


En 5º versionaron o famoso "Estudio de color" de Kandinsky.



En 6º tamén decidiron versionar unha obra de Picasso.






venres, 8 de abril de 2022

VISITA POLICÍA LOCAL

 Hoxe tivemos a visita da Policía Local do Concello De Sarria que nos contou en que consiste o seu traballo e nos transmitiu unha mensaxe moi clara: "A policía está para axudar".

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA E POR TODOS OS CONSELLOS QUE NOS DESTES!









mércores, 6 de abril de 2022

DÍA DO DEPORTE

Hoxe, 6 de Marzo celebramos o día internacional do deporte. No cole decidimos celebralo cunha xornada de deportes e xogos alternativos nos que primou a colaboración sobre a competición. Á hora de organizar os xogos decidimos darlle unha 2ª vida a materias como Bricks, periódicos, bolsas de plástico, garrafas e rodas. Aquí vos deixamos unha mostra dos xogos elixidados para celebrar este día.