venres, 29 de maio de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ADRIANA

  O xoves, día 28, viñeron a nai de Adriana e o seu irmán a contarnos o conto "Leopoldo, el pequeño mostruo".

                                              


Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio. Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión... E se ser tan pequeno fose unha vantaxe?.

Un conto monstruoso para aprender que todos somos únicos.



Moitas grazas por vir!

martes, 26 de maio de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ALBA

 O luns, día 25, veu a nai de Alba a contarnos o conto "El oso y la solidaridad".

                                              

Oso descubre a importancia de axudar aos demais e de colaborar para superar as dificultades. Ao longo da historia, aprende que pequenos xestos poden marcar unha gran diferenza na vida dos seus amigos.

Un libro que nos fala da solidariedade, da empatía e do valor de axudarnos uns aos outros.



Moitas grazas por vir!



xoves, 21 de maio de 2026

I ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Participamos na I Romería das Letras, organizada polo colectivo Lemos Le en Sober, nunha xornada de celebración da lingua e da cultura galega.

O noso alumnado de Infantil e 1º de Primaria colaborou interpretando a canción "4 vellos mariñeiros" de Uxía Lambona, compartindo escenario con outros centros e gozando dunha experiencia moi especial chea de música, convivencia e entusiasmo.

Foi unha magnífica oportunidade para celebrar as Letras Galegas e sentirnos parte dunha gran comunidade lectora e cultural. Moitas grazas ao colectivo pola invitación!


mércores, 20 de maio de 2026

A VILA DE ANTOLÍN: RCP CON FÁTIMA E SUSANA

Hoxe vivimos unha xornada moi enriquecedora grazas a Fátima, nai de Antón, e Susana, nai de Mateo, que compartiron con nós coñecementos moi importantes sobre primeiros auxilios.

Explicáronnos como actuar ante unha indisposición, como realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP) e a masaxe cardíaca, ademais de que facer en caso de atragoamento. Unha actividade moi interesante e práctica que nos axuda a aprender a actuar en situacións de emerxencia.

Moitas grazas por compartir o voso tempo e ensinarnos ferramentas tan valiosas 



martes, 19 de maio de 2026

OBRADOIRO DE LAPIS 3D

 Actividade co lapis 3D e letras

Hoxe puxemos a creatividade a traballar cunha divertida actividade utilizando o lapis 3D e as letras. Unha experiencia diferente na que combinamos aprendizaxe, imaxinación e novas tecnoloxías, desenvolvendo a motricidade, a creatividade e a capacidade de expresión.




venres, 15 de maio de 2026

OBRADOIRO DE RADIO: BEGOÑA CAAMAÑO

 Realizamos un programa de radio dedicado a Begoña Caamaño, no que coñecemos mellor a súa vida e a súa obra.

A través das nosas intervencións compartimos información, lecturas e curiosidades sobre esta destacada escritora e xornalista galega, achegándonos ao seu legado dunha forma creativa e participativa.

xoves, 14 de maio de 2026

CLUB DE CIENCIA: PELOTAS SALTARINAS


Nesta sesión creamos pelotas saltarinas caseiras con fariña de millo, auga e unhas pingas de colorante. 

Mesturamos os ingredientes (a mesma cantidade de fariña de millo e auga e unhas pingas de colorante), quentamos un minutiño no microondas… e despois chegou a parte máis divertida: facer boliñas coas mans e poñelas a saltar! 








venres, 8 de maio de 2026

OBRADOIRO DE COCIÑA: RED VELVET

Este martes desenvolveuse na biblioteca de Antolín un obradoiro de cociña e como somos golosos, foi un obradoiro doce. Versionamos o pastel red velvet converténdoo en pink velvet, colacao velvet... iso si, exprés!

Receita:

- 6 culleradas de fariña.

- 5 culleradas de leite.

- 3 culleradas de azucre.

-1/4 cullerada de bicarbonato.

- 25 gr de chocolate negro.

- 1 cullerada de mantequilla.

- Unas gotitas de colorante.

Derrete a mantequilla e disolve nela o chocolate, agrega o leite e o azucre mistura ata que esté todo ben homoxéneo, incorpora o bicarbonato e a fariña e remexe. Engade o colorante. 

Bótao nunha taza, pono un minuto no microondas e..... a desfrutar!!



xoves, 7 de maio de 2026

BOLSAS QUE VEÑEN E VAN EN INFANTIL

Como cada ano, o alumnado de Infantil leva nas súas mochilas viaxeiras os libros que eles mesmos escollen na biblioteca do centro.

Este curso, os martes pola tarde convértense nun momento moi especial, no que os nenos e nenas desta etapa visitan a biblioteca para elixir os contos que Antolín lles presta cada semana. 

Unha oportunidade perfecta para descubrir historias, viaxar coa imaxinación e compartir en familia o gusto pola lectura.



mércores, 6 de maio de 2026

A VILA DE ANTOLÍN: O TRABALLO DO DISTRITO FORESTAL DE LUGO- A Familia de Saínza e Xandre

 Hoxe tivemos a oportunidade de coñecer de preto o traballo do Distrito Forestal de Lugo.

Durante a visita explicáronnos as súas funcións principais na xestión sostible dos montes, na prevención de incendios forestais e na conservacións do noso entorno natural.

Ademais ensináronnos o funcionamento do dron que empregan para labores de vixilancia e apoio, como se coordinan a través dos walkies, que son os batelumes e de que maneira se utilizan para actuar  nos primeiros momentos do incendio.

Moitas gracias Tamara, por darnos a oportunidade de coñecer un novo traballo da Vila de Antolín. 


venres, 24 de abril de 2026

OBRADOIRO DE COSTURA: Semana do libro

Entre as actividades levadas a cabo para conmemorar a semana do libro desenvolveuse un taller de costura durante os recreos do comedor para o alumnado que o desexou. No taller, instalado na biblioteca, os nosos alumnos e alumnas elaboraron unha carpeta para trasportar os libros emprestados por Antolín. 

Os nosos nenos e nenas si que son uns verdadeiros mestres e mestras da costura.





xoves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO NA VILA DE ANTOLÍN

 O alumnado recibiu unha  nova carta de Antolín.


Puxéronse mans a obra e velaquí parte do resultado.



Na clase de Infantil 1 coñeceron a Miguel de Cervantes e a Don Quijote. Gustoulles moito a famosa aventura cos muíños de vento así como a canción da serie de debuxos animados.




Na clase de Infantil 2 quixeron compartir cos seus compañeiros e compañeiras un conto da casa, para presentalo na clase.

Aquí vai unha mostra de como o fixeron.









CLUB DE CIENCIA: PEGATINAS PARA VENTÁS

 

🧪 EXPERIMENTO: PEGATINAS PARA VENTÁS

Hoxe no club fixemos un experimento moi divertido e creativo: crear as nosas propias pegatinas reutilizables para decorar ventás 🪟

🔎 MATERIAIS:

  • Cola branca
  • Lavavaixelas
  • Colorante alimentario

👩‍🔬 PROCEDEMENTO:

  1. Mesturamos cola branca cun pouco de lavavaixelas.
  2. Engadimos unhas pingas de colorante.
  3. Remexemos ben ata conseguir unha mestura homoxénea.
  4. Debuxamos sobre plástico ou funda transparente.
  5. Deixamos secar varias horas… ¡e listo!

🌈 RESULTADO:
Unhas pegatinas tipo “window clings” que se poden pegar e despegar facilmente das ventás.








venres, 17 de abril de 2026

O museo de arte da Vila de Antolín

 Celebramos o  Día da Arte cunha actividade moi especial e creativa: a elaboración dos nosos propios cadros inspirados na Vila de Antolín.

Durante a sesión, cada clase deu renda solta á súa imaxinación para representar recunchos, paisaxes e detalles da vila, empregando diferentes técnicas e materiais artísticos. Utilizamos pinturas acrílicas, acuarelas e rotuladores acrílicos, o que nos permitiu experimentar con cores, texturas e estilos variados.

Aproveitaremos o día dos museos para inagurar o noso museo.

Educación Infantil 1: A nosa vila

Educación Infantil 2: As casas da clase de Infantil

1º Primaria: A vila mariñeira de 1º

2º Primaria: A vila mariñeira de Antolín


3º e 4º Primaria: A vila con rotuladores acrílicos


5º Primaria: A vila acuarelable



6º Primaria: 






mércores, 15 de abril de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ARES E LIAM

 O venres, día 10 de abril, veu o papá de Ares e Liam a contarnos o conto "¡Buenas noches, Miau!".



El pequeño Miau, tras realizar su rutina nocturna (cear, lavarse, contar ovelliñas...) prepárase para durmir pero fáltalle unha pequena cousiña que non o deixa... que será?.


Tras contarnos o conto o papá de Ares e Liam falounos do seu traballo, outro oficio fundamental na vila de Antolín, o de carteiro.


                                    
       Moitas grazas por vir!


martes, 14 de abril de 2026

OBRADOIRO DE LETTERING NA BIBLIOTECA

O lettering volve á biblioteca! 

Pasámolo xenial aprendendo a facer letras súper bonitas, xogando coas cores e deixando voar a imaxinación.

Houbo moita creatividade, risas e artistas en acción. A pŕoxima semana nova oportunidade de seguir descubrindo o lettering!







xoves, 9 de abril de 2026

CLUB DE CIENCIA: COMO FUNCIONAN OS NOSOS PULMÓNS

 No noso Club de Ciencia realizamos unha actividade práctica moi divertida para entender como funcionan os pulmóns. Utilizamos materiais sinxelos como globos, palliñas e unha botella de plástico para construír un modelo que simula o sistema respiratorio.

Materiais necesarios

  • 2 globos 
  • 2 palliñas 
  • Cinta adhesiva
  • Folio e cores

Montaxe do modelo

Primeiro, debuxamos os pulmóns no folio. Metemos cada globo nunha palliña e pegámolo. Despois, pegamos as palliñas ao folio.

Que aprendemos?

Con esta actividade entendemos que:

  • Os pulmóns non se moven por si sós, senón grazas ao movemento do diafragma.
  • O aire entra cando o espazo dentro do peito aumenta.
  • A respiración é un proceso mecánico baseado en cambios de presión.

Conclusión

Esta experiencia permitiunos visualizar dun xeito sinxelo e práctico como funciona o noso sistema respiratorio. Ademais, fomentou o traballo en equipo e a curiosidade científica entre os participantes.

Unha actividade sinxela, económica e moi efectiva para aprender ciencia... facendo ciencia!


 






LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE MATEO

O martes, día 7 de abril, veu o papá de Mateo a contarnos o conto "Malditas ardillas".


O vello Florencio é un gruñón. O único que de verdade lle gusta é pintar nos seus cadros aos paxaros que visitan a súa casa xunto ao bosque. Cando chegue o momento de que os paxaros voen cara o sur para pasalo inverno, ao vello Florencio ocórreselle un plan para evitar a súa marcha: fabrica uns comedeiros e éncheos de ricas sementes e suculentas baias coa esperanza de que os seus preciosos paxaros queden con el. Nembargantes, no cercano bosque hai outros animais que tamén teñen fame e outros plans. 



O papá de Mateo fíxo uns esquíos-lapiceiros para que os nenos e nenas teñan un recordo do conto.
                                    
       Moitas grazas por vir!


martes, 7 de abril de 2026

OBRADOIRO "COMO APRENDER A CONTAR UN CONTO"

 Celebramos un obradoiro de narración oral con Damián Alonso, dirixido ao alumnado e ás familias. Ao longo da sesión, os participantes aprenderon técnicas básicas para contar contos de forma expresiva e creativa, traballando a voz, o xesto e a imaxinación.

Foi unha actividade participativa e dinámica que permitiu gozar das historias en compañía, fomentando a comunicación, a creatividade e a colaboración entre familias e alumnado.


luns, 30 de marzo de 2026

CLUB DE CIENCIA: PETIT SUISSE

No club de ciencia convertémonos en pequenos cociñeiros e cociñeiras e fixemos receitas moi divertidas.

Primeiro preparamos un delicioso petit suisse utilizando fresas, queixo fresco, azucre e xelatina. Mesturamos todos os ingredientes e observamos como cambiaba a textura ata conseguir unha sobremesa moi rica.

Ademais, tamén fixemos unhas nubes de fresa con xelatina. Foi sorprendente ver como a mestura se transformaba pouco a pouco ata quedar esponxosa e suave.

Pasámolo xenial experimentando coa comida e aprendendo que a ciencia tamén está na cociña.

Que ben sabe aprender!