luns, 31 de outubro de 2022

mércores, 26 de outubro de 2022

TEMPO DE SAMAÍN

Hai unhas semanas Antolín, propúxolle ao alumnado facer unha historia encadeada. Aquí vos mostramos as nosas historias de Samaín.

 

E como premio a todo o esforzo desde o equipo da biblioteca organizamos un túnel do terror.



Tamén propuxemos as familias crear adornos relacionados co Samaín: vasoiras, arañas, fantasmas, casas encantadas.... e velaquí o resultado!

E no cole tamén fixemos varias manualidades.

 E como non, na biblioteca fixemos unha selección de libros terroríficos!






luns, 24 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe celebramos o día da casa de Antolín, o día da BIBLIOTECA. E abrimos de novo as súas portas despois dos cambios. 





Tamén hoxe comezaron a súa aventura as mochilas viaxeiras. 


Pero, o mellor de todo, foi as caras de sorpresa cando “os maiores” apareceron nas clases de infantil pa contarlle un conto. Que ben o pasaron! Xa están desexando que volvan!






xoves, 20 de outubro de 2022

A RADIO DO PATRIMONIO

O alumnado de 6º desprazouse ata Sarria para participar na gravación do programa “A radio do patrimonio”.





Aquí tedes  o programa completo!

luns, 17 de outubro de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

O alumnado de 6º EP estivo investigando a vida e obra de 6 grandes escritoras galegas. Aquí tendes o resultado!

Aquí vos deixamos un podcast onde vos contan todo o que investigaron destas grandes escritoras: