xoves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO NA VILA DE ANTOLÍN

 O alumnado recibiu unha  nova carta de Antolín.


Puxéronse mans a obra e velaquí parte do resultado.


Na clase de Infantil 2 quixemos compartir cos seus compañeiros e compañeiras un conto da casa, para presentalo na clase.
Aquí vai unha mostrá de como o fixeron.









CLUB DE CIENCIA: PEGATINAS PARA VENTÁS

 

🧪 EXPERIMENTO: PEGATINAS PARA VENTÁS

Hoxe no club fixemos un experimento moi divertido e creativo: crear as nosas propias pegatinas reutilizables para decorar ventás 🪟

🔎 MATERIAIS:

  • Cola branca
  • Lavavaixelas
  • Colorante alimentario

👩‍🔬 PROCEDEMENTO:

  1. Mesturamos cola branca cun pouco de lavavaixelas.
  2. Engadimos unhas pingas de colorante.
  3. Remexemos ben ata conseguir unha mestura homoxénea.
  4. Debuxamos sobre plástico ou funda transparente.
  5. Deixamos secar varias horas… ¡e listo!

🌈 RESULTADO:
Unhas pegatinas tipo “window clings” que se poden pegar e despegar facilmente das ventás.








venres, 17 de abril de 2026

O museo de arte da Vila de Antolín

 Celebramos o  Día da Arte cunha actividade moi especial e creativa: a elaboración dos nosos propios cadros inspirados na Vila de Antolín.

Durante a sesión, cada clase deu renda solta á súa imaxinación para representar recunchos, paisaxes e detalles da vila, empregando diferentes técnicas e materiais artísticos. Utilizamos pinturas acrílicas, acuarelas e rotuladores acrílicos, o que nos permitiu experimentar con cores, texturas e estilos variados.

Aproveitaremos o día dos museos para inagurar o noso museo.

Educación Infantil 1: A nosa vila

Educación Infantil 2: As casas da clase de Infantil

1º Primaria: A vila mariñeira de 1º

2º Primaria: A vila mariñeira de Antolín


3º e 4º Primaria: A vila con rotuladores acrílicos


5º Primaria: A vila acuarelable



6º Primaria: 






mércores, 15 de abril de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ARES E LIAM

 O venres, día 10 de abril, veu o papá de Ares e Liam a contarnos o conto "¡Buenas noches, Miau!".



El pequeño Miau, tras realizar su rutina nocturna (cear, lavarse, contar ovelliñas...) prepárase para durmir pero fáltalle unha pequena cousiña que non o deixa... que será?.


Tras contarnos o conto o papá de Ares e Liam falounos do seu traballo, outro oficio fundamental na vila de Antolín, o de carteiro.


                                    
       Moitas grazas por vir!


xoves, 9 de abril de 2026

CLUB DE CIENCIA: COMO FUNCIONAN OS NOSOS PULMÓNS

 No noso Club de Ciencia realizamos unha actividade práctica moi divertida para entender como funcionan os pulmóns. Utilizamos materiais sinxelos como globos, palliñas e unha botella de plástico para construír un modelo que simula o sistema respiratorio.

Materiais necesarios

  • 2 globos 
  • 2 palliñas 
  • Cinta adhesiva
  • Folio e cores

Montaxe do modelo

Primeiro, debuxamos os pulmóns no folio. Metemos cada globo nunha palliña e pegámolo. Despois, pegamos as palliñas ao folio.

Que aprendemos?

Con esta actividade entendemos que:

  • Os pulmóns non se moven por si sós, senón grazas ao movemento do diafragma.
  • O aire entra cando o espazo dentro do peito aumenta.
  • A respiración é un proceso mecánico baseado en cambios de presión.

Conclusión

Esta experiencia permitiunos visualizar dun xeito sinxelo e práctico como funciona o noso sistema respiratorio. Ademais, fomentou o traballo en equipo e a curiosidade científica entre os participantes.

Unha actividade sinxela, económica e moi efectiva para aprender ciencia... facendo ciencia!


 






LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE MATEO

O martes, día 7 de abril, veu o papá de Mateo a contarnos o conto "Malditas ardillas".


O vello Florencio é un gruñón. O único que de verdade lle gusta é pintar nos seus cadros aos paxaros que visitan a súa casa xunto ao bosque. Cando chegue o momento de que os paxaros voen cara o sur para pasalo inverno, ao vello Florencio ocórreselle un plan para evitar a súa marcha: fabrica uns comedeiros e éncheos de ricas sementes e suculentas baias coa esperanza de que os seus preciosos paxaros queden con el. Nembargantes, no cercano bosque hai outros animais que tamén teñen fame e outros plans. 



O papá de Mateo fíxo uns esquíos-lapiceiros para que os nenos e nenas teñan un recordo do conto.
                                    
       Moitas grazas por vir!


martes, 7 de abril de 2026

OBRADOIRO "COMO APRENDER A CONTAR UN CONTO"

 Celebramos un obradoiro de narración oral con Damián Alonso, dirixido ao alumnado e ás familias. Ao longo da sesión, os participantes aprenderon técnicas básicas para contar contos de forma expresiva e creativa, traballando a voz, o xesto e a imaxinación.

Foi unha actividade participativa e dinámica que permitiu gozar das historias en compañía, fomentando a comunicación, a creatividade e a colaboración entre familias e alumnado.


luns, 30 de marzo de 2026

CLUB DE CIENCIA: PETIT SUISSE

No club de ciencia convertémonos en pequenos cociñeiros e cociñeiras e fixemos receitas moi divertidas.

Primeiro preparamos un delicioso petit suisse utilizando fresas, queixo fresco, azucre e xelatina. Mesturamos todos os ingredientes e observamos como cambiaba a textura ata conseguir unha sobremesa moi rica.

Ademais, tamén fixemos unhas nubes de fresa con xelatina. Foi sorprendente ver como a mestura se transformaba pouco a pouco ata quedar esponxosa e suave.

Pasámolo xenial experimentando coa comida e aprendendo que a ciencia tamén está na cociña.

Que ben sabe aprender!

A VILA DE ANTOLÍN: A FAMILIA DE AARÓN E NAIRA

 A semana pasada tivemos a visita da mamá de Aarón e  Naira que veu ao cole para falarnos do seu traballo como administrativa.

Explicounos en que consiste o seu día a día e a importancia de organizar documentos, atender ás persoas e levar ben as tarefas para que todo funcione correctamente nunha empresa.

Ademais, contounos algo moi interesante: todas as persoas que fan falta para construír unha casa. Aprendemos que non só traballan os albaneis, senón que tamén son moi importantes outros profesionais como o arquitecto, que deseña a casa; o albanel, que a constrúe; o fontaneiro, que instala a auga; e o notario, que se encarga dos documentos legais.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que puidemos aprender moito sobre o mundo do traballo e a importancia de cada profesión.

Moitas grazas pola visita Esperanza!

xoves, 26 de marzo de 2026

CLUB DE CIENCIA: LÁMPARA DE LAVA

No Club de Ciencia realizamos unha actividade moi chamativa e divertida: a creación dunha lámpada de lava caseira. A través deste experimento, o alumnado puido observar reaccións químicas e fenómenos físicos dun xeito visual e sorprendente.

Materiais utilizados

  • Un vaso ou botella transparente
  • Auga
  • Aceite
  • Colorante alimentario
  • Pastillas efervescentes

Como o fixemos?

Primeiro, enchemos o recipiente con auga e engadimos aceite ata cubrir boa parte do vaso. Observamos como ambos líquidos non se mesturan. Despois, engadimos unhas pingas de colorante alimentario. Finalmente, botamos unha pastilla efervescente e… comezou o espectáculo!

Que ocorreu?

Ao reaccionar coa auga, a pastilla libera gas que fai subir e baixar burbullas de cor a través do aceite, creando un efecto moi parecido ao dunha lámpada de lava.

Que aprendemos?

  • Que a auga e o aceite non se mesturan (densidade diferente)
  • Que as reaccións químicas poden producir gases
  • Como pequenos cambios poden xerar efectos visuais sorprendentes





luns, 23 de marzo de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE NEREA

O venres, día 13 de marzo, veu a nai de Nerea a contarnos o conto "Os libros non son para os osos".



Oso atopa un libro en metade do bosque. Correndo, vai ver ao seu amigo Bufo para que lle ensine a ler. A partir de aí... Oso dáse conta de que quere máis e máis libros. Sen pensalo moito, colle unha bici que atopa e diríxese á cidade a por máis, pero a xente da cidade o único que lle di é que os libros non son para os osos.


Tras contar o conto cada neno e nena fixo un marcapáxinas coa súa inicial.


                                           Moitas grazas por vir!


venres, 13 de marzo de 2026

O TEMPO EN RADIO ANTOLÍN

O alumnado de 2º de Primaria gravou un podcast sobre o tempo en Galicia. Primeiro prepararon a súa previsión meteorolóxica no mapa de Galicia e despois  elaboraron o guión co que querían contar.

 

Despois chegou o momento da gravación en Radio Antolín, no que cada grupo puxo voz ao seu podcast.





xoves, 5 de marzo de 2026

CLUB DE CIENCIA: SIMETRÍAS CON ESPELLOS

 No Club de Ciencia do Antolín seguimos explorando o mundo que nos rodea a través de pequenos experimentos. Nesta ocasión, traballamos as simetrías utilizando espellos.

A través de diferentes figuras, debuxos e formas xeométricas, o alumnado puido comprobar como, ao colocar os espellos en distintas posicións, aparecían imaxes completas, novas figuras e sorprendentes patróns. Foi unha forma moi visual e divertida de entender que é a simetría e como funciona.

Durante a actividade, os nenos e nenas experimentaron, fixeron probas e descubriron como unha simple metade dun debuxo podía converterse nunha figura completa grazas ao reflexo do espello. Ademais, tamén observaron como se podían crear formas máis complexas xogando co ángulo e a posición dos espellos.

Foi unha sesión chea de curiosidade, descubrimentos e momentos de sorpresa, na que a ciencia e as matemáticas se mesturaron co xogo e a experimentación.