venres, 23 de decembro de 2022

PON TODA A TÚA ENERXÍA NESTE NADAL

 Este ano intentamos adornar a biblioteca polo Nadal, pero tivemos algún problemiña.... Sería o noso alumnado capaz de solucionalo?


xoves, 22 de decembro de 2022

FESTIVAL DE NADAL

 

VOLVER A CASA POR NADAL- INFANTIL

A FOTO DE NADAL- 1º E 2º PRIMARIA

 

OS TRASNOS DO NADAL- 3º PRIMARIA

 

 

A FÁBRICA DE SANTA- 4º PRIMARIA

 

OS ANIMAIS DA GRANXA- 5º PRIMARIA

 

A PROTESTA- 6º PRIMARIA


luns, 5 de decembro de 2022

DECEMBRO, MES ESPECIAL NA BIBLIOTECA

Chegou decembro, e Antolín creou o calendario de advento da biblioteca. Cada tarxeta esconde unha actividade diferente para realizar no recreo


Día 1: Manualidade

A 1ª actividade consistiu en facer papiroflixia. O resultado foron estas fermosas estrelas de Nadal.


Día 2: Mural de Nadal

Comezamos a dar forma ao mural que colocaremos na entrada da escola.

Día 5: Letras e agasallos de Nadal

Seguimos co mural. Hoxe tocou facer letras e agasallos coas portadas dos nosos libros favoritos.


Día 7: Colocamos o mural 



Día 9: Obradoiro de calceta


                       

Día 12: Postais de Nadal

Elaboramos as nosas postais de Nadal.

Día 13: Copos de Neve

Con papel de forno, cola e purpurina, creamos copos de neve. 


Día 14: Desexos de Nadal

Escribimos os nosos deseos de Nadal. Montamos o croma e a cámara e gravámolos.







Made with Clipchamp


Día 16: Lingua de Signos

A profe Gemma ensinounos un pouco de lingua de signos. 


Aprendemoso abecedario e unha panxoliña!




Día 19: Caixas de Nadal

Coa profe Ana decoramos caixas nas que gardar os nosos agasallos.


Día 20: Hora de bailar

Chegan as vacacións e o tempo de bailar ao ritmo das panxoliñas. 



venres, 2 de decembro de 2022

3 de Decembro- Día Internacional das persoas con discapacidade

 A veces cremos que o mundo está adaptado a nós, pero a vida pode cambiar en calquer momento e vainos poñer obstáculos. Por iso os nosos lemas son "Fracasar é non intentalo e Que en todos os lados caibamos todos"

venres, 25 de novembro de 2022

25N- Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Desde o noso cole berramos ben alto NON á violencia.  Representamos coa linguaxe de signos a canción Loba de Rozalén. Aquí tedes o resultado.

xoves, 24 de novembro de 2022

As bolsas viaxeiras comezan a súa aventura

As bolsas viaxeiras comezan a aventura nas clases de infantil. Acompañarán cada semana aos libros que elixan  todos os nenos e nenas de Infantil!

 Que comece a aventura!


luns, 21 de novembro de 2022

MES DA CIENCIA

Este mes celebramos O MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA, polo que Antolín preparaoulle a todo o alumnado varios experimentos científicos
Coma sempre, recibiron nas súas clases a seguinte carta:


Aquí vos mostramos o proceso e o resultados dos seus experimentos.

4º EI:  Como inflar un globo... sen soprar! 

 5º e 6º EI:  Orugas en Movemento 


1º e 2ºEP:  Un globo de reacción


3º EP: Catapulta de bolsillo

4º EP: Disco de Newton





5º EP: Papel Reciclado

6º EP: Un helicóptero que imita a natureza




Se vos animades a facer algún dos experimentos, deixámosvos as instrucións para que os poidades volver a facer nas vosas casas.

CONTACONTOS ESPECIAL NA BIBLIOTECA

Hoxe a clase de 4º EI recibiu unha visita moi especial: a familia de Adrián. Viñeron a contarlles o conto de "Cocorico". 
Foi un placer recibilos na biblioteca. Moitas grazas pola vosa visita!



venres, 18 de novembro de 2022

20 NOVEMBRO- DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS


 Nas clases estiveron falando dos dereitos dos nenos e nenas. Despois estamparon as súas mans nunha cartolina e levantaron as mans polos seus dereitos!










Tamén aproveitamos para recordar o vídeo que gravamos o ano pasado!