luns, 5 de decembro de 2022

DECEMBRO, MES ESPECIAL NA BIBLIOTECA

Chegou decembro, e Antolín creou o calendario de advento da biblioteca. Cada tarxeta esconde unha actividade diferente para realizar no recreo


Día 1: Manualidade

A 1ª actividade consistiu en facer papiroflixia. O resultado foron estas fermosas estrelas de Nadal.


Día 2: Mural de Nadal

Comezamos a dar forma ao mural que colocaremos na entrada da escola.

Día 5: Letras e agasallos de Nadal

Seguimos co mural. Hoxe tocou facer letras e agasallos coas portadas dos nosos libros favoritos.


Día 7: Colocamos o mural 



Día 9: Obradoiro de calceta


                       

Día 12: Postais de Nadal

Elaboramos as nosas postais de Nadal.

Día 13: Copos de Neve

Con papel de forno, cola e purpurina, creamos copos de neve. 


Día 14: Desexos de Nadal

Escribimos os nosos deseos de Nadal. Montamos o croma e a cámara e gravámolos.







Made with Clipchamp


Día 16: Lingua de Signos

A profe Gemma ensinounos un pouco de lingua de signos. 


Aprendemoso abecedario e unha panxoliña!




Día 19: Caixas de Nadal

Coa profe Ana decoramos caixas nas que gardar os nosos agasallos.


Día 20: Hora de bailar

Chegan as vacacións e o tempo de bailar ao ritmo das panxoliñas. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario