xoves, 26 de outubro de 2023

CONTOS DE SAMAÍN

Antolín propuxo ao alumnado de 5º e 6º crear historias onde as cabazas foran protagonistas. 

Aquí vos ensinamos o resultado.


QUE É A BIBLIOTECA PARA NÓS?



 Antolín para conmemorar o día das Bibliotecas, preguntoulles a todo o alumnado que significaba a biblioteca para eles. E isto foi o que contestaron...


martes, 24 de outubro de 2023

SEMANA DE SAMAÍN


Antolín preparounos esta semana unha che de actividades para celebrar o Samaín. Cada día, temos que descubrir tralas ventás da casa encantada a actividade proposta para ese día

Día 1: Dados Terroríficos

Hoxe tocou creaer historias coa axuda dos dados do Samaín.



A continuación, ensinámosvos o resultado final!

Día 2: Montando o Samaín

Hoxe Antolín propúxelles facer debuxos de Samaín colaborativos. Deixoulles os debuxos en partes, 1ª tiveron que descubrir de que debuxo se trataba e despois coloreáronos.





 Día 3: Spider Webs

Hoxe na biblio tocou facer unha manualidade: Telas de Araña.

 

Día 4: Arañas

martes, 17 de outubro de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS

 O día 16 de Outubro celebramos o día das Escritoras, e o alumnado achegouse a Radio Antolín para gravar varios programas especiais sobre grandes escritoras Galegas.


luns, 9 de outubro de 2023

A Biblioteca de Antolín abriu as súas portas de novo

 O equipo da biblioteca e os biblioaxudantes abriron esta semana a biblioteca de novo

Que emoción volver a  vervos a moitos de vós!







venres, 6 de outubro de 2023

BOLSAS VIAXEIRAS

As bolsas que “veñen e van” comezan a súa aventura na clase se María. Hoxe os nenos e neas acudiron a biblioteca para recoller a súa bolsa e elixir o 1º libro que viaxaría ata a súa casa con eles.






xoves, 5 de outubro de 2023

ANTOLÍN E A CHEGADA DO OUTONO


 Esta semana todass as clases recibiron unha carta de Antolín na que lles propoñía distintas tarefas de Outono. 

A clase 4º e 5º de Infantil fixo un mural coa castaña como protagonista.




A clase de 6º de Infantil de tivo que traballar coas mazás e facer un Acróstico.


Na clase de 1º e 2º de Primaria fixeron un mural con refráns de Outono.



A clase de 3º e 4º fixo poemas e traballou coas uvas e as peras. Ao rematar o traballo, foron as clases de Infantil a lerlle os seus poemas de outono.