xoves, 21 de maio de 2026

I ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Participamos na I Romería das Letras, organizada polo colectivo Lemos Le en Sober, nunha xornada de celebración da lingua e da cultura galega.

Preparamos os nosos carteis identificativos, ensaiamos a canción e collemos o bus rumbo a Sober.



O noso alumnado de Infantil e 1º de Primaria colaborou interpretando a canción "4 vellos mariñeiros" de Uxía Lambona, compartindo escenario con outros centros e gozando dunha experiencia moi especial chea de música, convivencia e entusiasmo.

Foi unha magnífica oportunidade para celebrar as Letras Galegas e sentirnos parte dunha gran comunidade lectora e cultural. Moitas grazas ao colectivo pola invitación!


Aquí vos deixamos unha foto da xornada. Tamén tedes o vídeo na nosa actuación no Instagram do cole.



Ningún comentario:

Publicar un comentario