Estes días, a aula de Infantil transformouse nunha auténtica panadería. O alumnado puxo o mandil, preparou os ingredientes e mans á masa para elaborar o seu propio pan.
Durante a actividade, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer os ingredientes básicos do pan, mesturalos e amasar con moita ilusión. Foi unha experiencia moi divertida na que, ademais de aprender, puideron experimentar cos sentidos: tocar a masa, ulir o pan mentres se preparaba e observar como cambiaba durante o proceso.
Entre fariña, risas e moitas ganas de participar, a aula encheuse de ambiente de panadería. Cada pequeno panadeiro e panadeira puxo o seu gran de area para conseguir un delicioso resultado final.
Esta actividade permitiu traballar a autonomía, a colaboración e a curiosidade por aprender facendo, convertendo unha simple receita nunha experiencia inesquecible.





Ningún comentario:
Publicar un comentario