luns, 20 de outubro de 2025

OBRADOIRO DE COSTURA DE HALLOWEEN

No obradoiro de costura de Samaín traballamos co fieltro para crear terroríficas e divertidas figuras.

Primeiro elaboramos o patrón, despois recortamos as pezas, cosémolas con moito coidado e, por último, decorámolas ao noso gusto. Unha actividade na que desenvolvemos a creatividade, a motricidade fina e a paciencia mentres celebramos o Samaín.






Ningún comentario:

Publicar un comentario