Celebramos o Día da Biblioteca cunha data moi especial: o 6º aniversario de Antolín, a nosa mascota.
Para festexalo, o alumnado máis maior visitou as demais aulas para compartir contos e momentos de lectura cos máis pequenos. Foi unha xornada chea de historias, lectura e diversión arredor da nosa biblioteca.
Ademais, elaboramos uns stickers conmemorativos para lembrar esta celebración.
E rematamos a xornada facendo unha xuntanza na biblioteca, merendando a torta que lle preparamos no obradoiro de cociña.










Ningún comentario:
Publicar un comentario