mércores, 8 de marzo de 2023

ACTIVIDADES 8 DE MARZO DÍA DA MULLER

 Coñecendo grandes mulleres galegas conmemoramos o día 8 de Marzo en Radio Antolín.

A clase de 3º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Lucía Freitas.

 

  A clase de 1º e 2º coa axuda dos biblioaxudantes de 6º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Ana Peleteiro. 

 Na clase de 5º, elixiron a Susana Seivane, unha gran muller do mundo da música galega.
 

Mentres, varios dos biblioaxudantes elixiron un par de contos cuxo tema principal era  a igualdade entre os homes e as mulleres para contar nas clases de Infantil.

 Para a clase de 3 anos elixiron o conto "Las chicas pueden con todo"



Na clase de 4 e 5 contaron "Las chicas también pueden"


E na clase de 6º fixeron lapbooks sobre mulleres que eles admiran.









Ningún comentario:

Publicar un comentario