xoves, 1 de outubro de 2026

FORMACIÓN BIBLIOAXUDANTES- COÑECEMOS A BIBLIOTECA DE ANTOLÍN

 

Esta semana na nosa biblioteca puxemos en marcha unha actividade moi especial: a formación dos nosos biblioaxudantes

Os e as alumnas descubriron que a biblioteca non é só un lugar cheo de libros: é un espazo con orde, normas e moita vida.

🗂️ Que aprendemos?
✅ Como está organizada a biblioteca
✅ Onde atopar cada tipo de libro
✅ Que é a CDU e para que serve
✅ Que as cores e os números dos tellos nos axudan a atopar o que buscamos sen perdernos

A CDU é como o "enderezo" de cada libro: grazas a ela, todos os libros teñen o seu sitio e podemos atopalos facilmente. Foi como xogar a ser detectives!

💪 Agora os nosos biblioaxudantes xa saben colocar libros, axudar aos compañeiros e coidar da biblioteca entre todos e todas.


 

Despois da súa formación, chegou o momento máis agardado: agora son eles e elas quen lle ensinan a biblioteca ao resto dos compañeiros e compañeiras!

🎤 Cheos de ilusión, os nosos biblioaxudantes converteron a biblioteca nunha aula moi especial onde:

✅ Explican como está organizada a biblioteca
✅ Amosan onde atopar cada tipo de libro
✅ Contan que é a CDU e por que os libros teñen o seu "enderezo"
✅ Lembran as normas para coidar entre todos este espazo