xoves, 22 de outubro de 2026

COCIÑA DE PELÍCULAS


O noso amigo Antolín xa está preparado para celebrar Halloween cunha proposta moi especial: a cociña de películas! 🎃🎬

Nesta actividade, o alumnado de 2º de Primaria deixou voar a súa imaxinación para crear historias sorprendentes. A partir de tres bolsas misteriosas con personaxes, lugares e problemas, combinamos as ideas máis disparatadas para inventar películas únicas. Unha bruxa que non pode durmir nunha cova? Un esqueleto con cóxegas no espazo? Todo é posible cando a creatividade entra en acción!








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario