E que mellor maneira de comezar que cunha receita terrorificamente deliciosa?
Na Biblioteca de Antolín xa estamos coas mans na masa cun obradoiro de cociña de Halloween: COOKIES MONSTRUOSAS!
Nenos e nenas… MANS Á OBRA!
Medimos, mesturamos, amasamos e damos forma ás nosas creacións máis arrepiantes. Entre fariña, risas e moita creatividade, descubrimos que na biblioteca tamén se aprende, se experimenta e se cociña en equipo
Porque este curso, en Luces, cámara, Oural!, a nosa biblioteca está chea de sorpresas… e algunha que outra lambetada monstruosa!
Que comece a aventura… e que aproveite!









Ningún comentario:
Publicar un comentario