venres, 27 de febreiro de 2026

CLUB DE CIENCIA DE FEBREIRO: SLIME


No Club de Ciencia do Antolín seguimos aprendendo a través da experimentación. Nesta ocasión, convertémonos en pequenos científicos e científicas para elaborar o noso propio slime.

Para iso utilizamos ingredientes moi sinxelos: fariña de millo, acondicionador e un pouco de colorante para darlle un toque divertido. Mesturando, probando cantidades e observando os cambios, fomos descubrindo como a mestura se transformaba nunha masa elástica e moi chamativa.

Durante a actividade, o alumnado puido experimentar coas texturas, facer hipóteses e comprobar como pequenos cambios nos ingredientes ou nas cantidades modificaban o resultado final. Ademais, foi unha oportunidade perfecta para traballar a curiosidade, a observación e o gusto pola ciencia.

O resultado foi todo un éxito: moitas mans cheas de slime, caras de sorpresa e, sobre todo, moitas ganas de seguir investigando.

No Club de Ciencia continuamos demostrando que aprender ciencia pode ser tan interesante… como divertido.








Ningún comentario:

Publicar un comentario