mércores, 25 de febreiro de 2026

TRABALLANDO NA VILA DE ANTOLÍN CON ROBOTS

Esta semana na aula fixemos unha actividade moi especial empregando os robots Photolín, Vinci e Earl. A través do xogo e da programación, o alumnado tivo que axudar aos robots a percorrer a nosa querida Vila de Antolín descubrindo diferentes profesións que forman parte do día a día da nosa comunidade.

Durante o percorrido falamos sobre que fai cada profesional, por que é importante o seu traballo e como todos eles axudan a que a nosa vila funcione mellor.

Con Photolín, Vinci e Earl non só practicamos programación e orientación espacial, senón que tamén aprendemos sobre as profesións da nosa contorna, traballamos en equipo e resolvemos retos de maneira divertida.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario