venres, 27 de febreiro de 2026

CLUB DE CIENCIA DE FEBREIRO: SLIME


No Club de Ciencia do Antolín seguimos aprendendo a través da experimentación. Nesta ocasión, convertémonos en pequenos científicos e científicas para elaborar o noso propio slime.

Para iso utilizamos ingredientes moi sinxelos: fariña de millo, acondicionador e un pouco de colorante para darlle un toque divertido. Mesturando, probando cantidades e observando os cambios, fomos descubrindo como a mestura se transformaba nunha masa elástica e moi chamativa.

Durante a actividade, o alumnado puido experimentar coas texturas, facer hipóteses e comprobar como pequenos cambios nos ingredientes ou nas cantidades modificaban o resultado final. Ademais, foi unha oportunidade perfecta para traballar a curiosidade, a observación e o gusto pola ciencia.

O resultado foi todo un éxito: moitas mans cheas de slime, caras de sorpresa e, sobre todo, moitas ganas de seguir investigando.

No Club de Ciencia continuamos demostrando que aprender ciencia pode ser tan interesante… como divertido.








mércores, 25 de febreiro de 2026

TRABALLANDO NA VILA DE ANTOLÍN CON ROBOTS

Esta semana na aula fixemos unha actividade moi especial empregando os robots Photolín, Vinci e Earl. A través do xogo e da programación, o alumnado tivo que axudar aos robots a percorrer a nosa querida Vila de Antolín descubrindo diferentes profesións que forman parte do día a día da nosa comunidade.

Durante o percorrido falamos sobre que fai cada profesional, por que é importante o seu traballo e como todos eles axudan a que a nosa vila funcione mellor.

Con Photolín, Vinci e Earl non só practicamos programación e orientación espacial, senón que tamén aprendemos sobre as profesións da nosa contorna, traballamos en equipo e resolvemos retos de maneira divertida.


 

martes, 24 de febreiro de 2026

A VILA DE ANTOLÍN: A FAMILIA DE NATALIA

 A seguinte visita dos oficios da Vila de Antolín foi Carlos, o pai de Natalia.

Na súa visita descubrimos o seu complexo oficio como enxeñeiro eléctricista nas líneas de alta tensión, trouxonos un cables que quedamos todos asombrados, tamén nos explicou a súa crenza sobre o apagón do ano pasado, todo isto explicado nunha presentación .

Díxonos onde podiamos consultar as consumicións de cada enerxía diferente.

Moitas grazas Carlos, por ocupar uns minutos do teu tempo opara virnos a contar cousas tan interesantes.






luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA

No noso alumnado de Infantil vivimos unha xornada moi especial dedicada a Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes da nosa literatura.

Primeiro achegámonos á súa obra a través da lectura e escoita dalgúns dos seus poemas, adaptados para os máis pequenos. Descubrimos palabras fermosas, falamos da natureza, das emocións e do importante que é coidar e querer a nosa lingua galega.

Despois puxemos en marcha a nosa creatividade cunha actividade de manualidades inspirada en Rosalía. O alumnado elaborou diferentes creacións artísticas relacionadas coa poeta: flores, retratos e pequenas composicións decoradas con versos.


 En colaboración co EDLG, tivemos a visita de Raquel Queizás.


mércores, 11 de febreiro de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE BRAIS

 O venres, día 6, veu a nai de Brais a contarnos o conto "Por cuatro esquinitas de nada".


Cuadradito quere xogar en casa dos seus amigos Redonditos, pero non pasa pola porta porque... A porta é redonda coma os seus amigos!. Teremos que recortarche as esquinas!- lle din os redonditos. 

Un libro sobre a amizade, a diferenza e a exclusión. 


                                        Moitas grazas por vir!










martes, 3 de febreiro de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ANTÓN

O luns, día 2, veu a nai de Antón a contarnos un conto e, de paso, a falarnos da súa profesión pois é perruqueira e o conto era "Leo va a la peluquería".

Leo está despeiteado e o seu amigo Mono proponlle ir ao salón de peiteado, pero Leo non está moi convencido… Fará trenzas?, ou unhas coletas?, tinguirá a súa melena de vermello?, ou porá unha coroa? 

En canto a elección de peiteado para Leo tivémolo bastante claro, quedámonos con dous: Leo con tiara de princesa e Leo coma un bebé. Cal é o voso favorito?

Ao rematar o conto, a nai de Antón falounos do seu traballo e resulta que coñeciamos moitas das ferramentas que utiliza para levalo a cabo.

Moitas grazas por vir!



A VILA DE ANTOLÍN: O TRABALLO DA FAMILIA DE MATÍAS

Na vila de Antolín todas as profesións son importantes e seguimos coñecéndoas. O día 30 veu nai de Matías a falarnos do seu traballo na farmacia. Contounos moitas cousas como o proceso de recepción das medicinas: Tódolos días fan pedido dos medicamentos que necesitan e ao día seguinte xa os teñen na farmacia. Cando chegan, ordénanos nunhas caixas enormes de xeito alfabético para que sexa máis sinxelo atopalos e ao vendelos pásanos polo ordenador e quitanlle o código de barras para poñelo nunha folla moi chula que tamén nos ensinou. 

Explicounos para que sirven as cremas, os diferentes produtos que hai nunha farmacia e os diversos tipos de medicamentos que hai (pastillas efervescentes, xaropes…),como limpar unha ferida… Tamén aprendemos o que é un tensiómetro e para que serve. 

Agasallounos cunhas tiritas moi divertidas!



Moitas grazas por vir!

luns, 2 de febreiro de 2026

DIA DA PAZ

Con motivo da celebración do Día da Paz, no Antolín levamos a cabo unha actividade moi especial: a creación de varios murais colaborativos realizados polo alumnado do centro.

A proposta buscaba reflexionar sobre valores fundamentais como a paz, o respecto, a amizade e a convivencia. A través da arte, os nenos e nenas puideron expresar as súas ideas e sentimentos sobre como construír un mundo mellor.

Cada mural foi creado entre moitos compañeiros e compañeiras, que compartiron pinceladas, cores e imaxinación para dar forma a obras cheas de significado. Durante o proceso, o alumnado non só desenvolveu a súa creatividade, senón que tamén practicou algo moi importante: traballar xuntos, escoitar aos demais e respectar diferentes puntos de vista.

Así, cada pequena achega converteuse nunha parte esencial dun resultado común, demostrando que, igual que nos murais, a paz tamén se constrúe entre todos e todas.

Agora estas creacións decoran distintos espazos do centro, enchendo as paredes de cor e lembrándonos cada día a importancia de convivir con respecto, solidariedade e cooperación.