Na vila de Antolín todas as profesións son importantes e seguimos coñecéndoas. O día 30 veu nai de Matías a falarnos do seu traballo na farmacia. Contounos moitas cousas como o proceso de recepción das medicinas: Tódolos días fan pedido dos medicamentos que necesitan e ao día seguinte xa os teñen na farmacia. Cando chegan, ordénanos nunhas caixas enormes de xeito alfabético para que sexa máis sinxelo atopalos e ao vendelos pásanos polo ordenador e quitanlle o código de barras para poñelo nunha folla moi chula que tamén nos ensinou.
Explicounos para que sirven as cremas, os diferentes produtos que hai nunha farmacia e os diversos tipos de medicamentos que hai (pastillas efervescentes, xaropes…),como limpar unha ferida… Tamén aprendemos o que é un tensiómetro e para que serve.
Agasallounos cunhas tiritas moi divertidas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario