mércores, 11 de febreiro de 2026

COÑECEMOS O TRABALLO DUN ARTESÁN DE PERCUSIÓN

 Hoxe recibimos a visita do artesán da percusión Xosé Sanín, á través da Fundación Pública Artesanía de Galicia da Xunta de Galicia e o seu proxecto Artesanía na Escola, unha iniciativa que procura divulgar e achegar os oficios artesanais aos máis pequenos e pequenas, amosando a artesanía como unha oportunidade profesional de futuro e transmitindo os valores da artesanía que van unidos a un consumo responsable máis consciente e máis sustentable.




Ningún comentario:

Publicar un comentario