mércores, 4 de xuño de 2025

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ADRIÁN

Hoxe, na biblioteca de Antolín tivemos a visita da nai e o curmán de Adrián que nos viñeron a contar 2 contos: O peido máis grande do mundo e Ponte en mi lugar.  

O mono foi o que tivo a idea deste gran concurso. Un concurso de peidos na xungla, no que participarán o elefante, o león, a cebra, o hipopótamo, o rinoceronte…. Quen será o gañador?



Abella ten unha á enredada cun fío e non pode voar, Xoaniña perdeu un dos seus lunares, Araña ten moita seda que fiar..... Todos eles piden axuda a Grilo, pero el non pensa que esas cousas sexan importantes. Que ocurrirá cando el teña problemas? Axudaranlle os seus amigos?

Moitas grazas Leticia e Alejandro por compartir  esta tarde con nós e contarnos estes contos tan chulos e sobretodo por acudir sempre á chamada de Antolín.









Ningún comentario:

Publicar un comentario