mércores, 14 de maio de 2025

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ADRIANA

 Nova sesión de lecturas compartidas na biblioteca, desta volta, Montse, a mamá de Adriana leunos o libro de ¡Vivan las uñas de colores!. A Xoán encántalle pintarse as uñas e os seus compañeiros rinse del. Cando o pai de Xoán descubre o que lle pasa ao seu fillo, decide pintarse el tamén as uñas. Un símbolo sinxelo pero que acaba contaxiando a todo o mundo.


Moitas grazas Montse por vir apasar un ratiño con nós e  por traernos este conto, que nos recorda que non hai cousas de nenos e cousas de nenas. Hai cousas que nos gustan e cousas que non nos gustan e todos e todas temos a liberdade de elexir o que nos gustan ou o que non sen que nos etiqueten. Recorda que xa formas parte da biblioteca de Antolín!





Rematamos a lectura elexindo a nosa cor favorita para pintarnos unha uña!


Ningún comentario:

Publicar un comentario