martes, 22 de abril de 2025

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE MATEO

Que mellor forma de comezar a semana do libro que con lecturas compartidas na biblioteca. 

O papá de Mateo trouxo a biblioteca de Antolín o conto de Marceliña na cociña. Que conto tan divertido, no que a xirafa Marceliña, que non sabe de cociña, quixo preparar unha gran cea cos consellos disparatados dos seus amigos!



Moitas grazas por vir, pola doce sorpresa que nos trouxeches e sobretodo por ensinarnos este conto tan divertido que proximamente tamén estará na biblioteca de Antolín. Encantounos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario