luns, 14 de abril de 2025

COCIÑA DE ANTOLÍN: MAGDALENAS

 O alumnado de 1º achegouse a cociña de Antolín para preparar a receita que estivo traballando nas clases de lingua e mates. 

Fixeron un ditado cos ingredientes da receita, ordenaron os pasos da preparación das Magdalenas e na clase de Mates estiveron aprendendo como manexar a báscula e traballando coa balanza e os distintos pesos.

Unha vez que o tiñan todo claro, foron a cociña de Antolín para preparar unhas ricas Magdalenas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario