Comezamos a xornada recibindo unha carta de Antolín, coa que nos propoñía unha visita á biblioteca.
Benvid@s ao meu blog, onde vos ensinarei todo o que sucede na biblioteca do Ceip Plurilingüe Antonio Fernández López de Oural
Etiquetas
- Día do libro
- Familias na biblioteca
- Nadal
- Entroido
- Mochilas viaxeiras
- Día da Paz
- Radio Antolín
- Biblioaxudantes
- Samaín
- Día da Muller
- Proxectos
- Contacontos
- Letras Galegas
- 25 de Novembro
- #DígochoEu
- Día de Rosalía
- mes da Ciencia
- Día da arte
- Día da biblioteca
- Plan Director
- Día da Poesía
- Día das escritoras
- Maletas viaxeiras
- Recomendacións
- Día do deporte
xoves, 24 de abril de 2025
ESCAPE BOOK GALÁCTICO
LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE MARTÍN
A biblioteca de Antolín, recibiu hoxe a 2ª visita da semana, a mamá de Martín sorprendeunos con 2 historias: La montaña de libros más alta del mundo, onde Lucas conseguiu cumplir o seu desexo de volar grazas aos libros e as aventuras do superheroe Martín Flash.
Moitas grazas por acudir sempre a chamada de Antolín e por traernos historias tan marabillosas como as que compartides ti e Martín coa súa clase!
martes, 22 de abril de 2025
LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE MATEO
Que mellor forma de comezar a semana do libro que con lecturas compartidas na biblioteca.
O papá de Mateo trouxo a biblioteca de Antolín o conto de Marceliña na cociña. Que conto tan divertido, no que a xirafa Marceliña, que non sabe de cociña, quixo preparar unha gran cea cos consellos disparatados dos seus amigos!
Moitas grazas por vir, pola doce sorpresa que nos trouxeches e sobretodo por ensinarnos este conto tan divertido que proximamente tamén estará na biblioteca de Antolín. Encantounos!
luns, 21 de abril de 2025
luns, 14 de abril de 2025
COCIÑA DE ANTOLÍN: MAGDALENAS
O alumnado de 1º achegouse a cociña de Antolín para preparar a receita que estivo traballando nas clases de lingua e mates.
Fixeron un ditado cos ingredientes da receita, ordenaron os pasos da preparación das Magdalenas e na clase de Mates estiveron aprendendo como manexar a báscula e traballando coa balanza e os distintos pesos.
Unha vez que o tiñan todo claro, foron a cociña de Antolín para preparar unhas ricas Magdalenas.
DÍA DA ARTE NA GALAXIA DE ANTOLÍN
Este ano como non podía ser doutro xeito, os cadros tiñan unha temática espacial. Estes son os resultados!
En Infantil o protagonista dos seus cadros foi Joan Miró.
NOVOS RECUNCHOS NA BIBLIOTECA DE ANTOLÍN
xoves, 10 de abril de 2025
CHEGOU UNHA MOCHILA VIAXEIRA AO COLE
Chegounos ao cole unha mochila viaxeira do cole de Paradela. Que lecturas nos recomendarán?