Cada 3 de decembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No cole decidimos facelo cun contacontos, enviado por Diversa Infantil, para os nenos e nenas de Infantil e o alumnado do primeiro ciclo de Primaria.
Deste xeito, visitounos Manuel Darriba que tratou a diversidade funcional e a inclusión con seu álbume ilustrado "Pedro, o piloto de gaivotas". Pedro, un neno con discapacidade ao que lle encanta ver mundo, fíxose piloto de gaivotas. Por iso, todas as mañás, unha gaivota vén á súa casa para levalo de viaxe.
Para o segundo ciclo de Educación Primaria recibimos en préstamo, de Diversa Infantil, o xogo colaborativo "Cidades accesibles". Con este, o alumnado traballou conceptos sobre a accesibilidade, discapacidade...
Ningún comentario:
Publicar un comentario