Hoxe abrimos as portas da biblioteca a Maite, a mamá de Leo que nos veu a falar do seu traballo. Recalcou a importancia de coidar os nosos bosques para que non ardan e que posibilidades hai para facelo. Tamén nos explicou como saber a idade dunha árbore e se esta estivo exposta a algún incendio ou a seca. Outra cousa que nos contou foi todo o que ofrece o bosque e como combinando o pastoreo e a plantación de plantas ornamentais ou medicinais pode revalorizarse o terreo.
Que interesante todo o que compartiu co alumnado de 6º! Cantas cousas interesantes aprendemos. Moitas grazas por colaborar coa Biblioteca de Antolín e pola túa paciencia para contestar as preguntas que lles surxiron despois da túa presentación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario