sábado, 31 de xaneiro de 2026

A VILA DE ANTOLÍN: O TRABALLO DA FAMILIA DE MARTÍN E ANTÓN

No noso proxecto sobre a vila de Antolín é moi importante coñecer aos diversos profesionais que podemos atopar nunha vila e as súas funcións para, dese xeito, poder valoralos e respectalos.

Nesta actividade, as familias teñen un papel fundamental e grazas a elas pódese levar a cabo. 

A primeira mamá en vir falar da súa profesión foi a de Antón e Martín. Como profesora de bioloxía, tratou da importancia da ensinanza para a sociedade e a súa relación coa natureza, a contorna e o seu coidado para o ben da comunidade.

Moitas grazas Iria por compartir este anaquiño connosco e por contarnos cousas tan interesantes da túa profesión!




CLUB DE CIENCIA EN XANEIRO

 Hoxe, no club de ciencia, experimentamos  con xeo e misturas de cores. Vimos que era o xeo e que lle pasa con agua templada e como, ao derreterse, creamos cores novas. Para todo esto utilizamos cubitos de xeo vermellos, amarelos e azuis.


xoves, 29 de xaneiro de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE RUBÍ.

O día 28 deu comezo a actividade "As familias contan". A primeira en vir foi a nai de Rubí. Entre as dúas contáronnos dous contos que nos gustaron moitísimo: Unha eiruga moi larpeira e La damisela que no está en apuros.


Un domingo soleado, unha eiruga nace dun ovo. É pequena pero ten moita fame. Por iso, día a día, percorre as páxinas devorando todo canto atopa. Así, ata se converter nunha fermosa bolboreta.

O narrador deste conto estaba decidido a contar a historia de sempre: a pobre damisela en apuros estaba atrapada nunha alta torre e retida por unha vella bruxa.... Sen embargo, esta vez non é verdade. A alta torre é unha casa perfecta, a bruxa a avóa da protagonista, que por certo, está desfrutando do lindo no seu castelo.




Moitas grazas por vir!

mércores, 28 de xaneiro de 2026

VISIÓN E APRENDIZAXE

O día 27 de xaneiro visitounos Antía, optometrista da Óptica Malecón de Sarria. Na súa charla explicou, tanto ás familias coma ao profesorado, do centro a relación entre visión e aprendizaxe, os posibles problemas que unha mala visión pode acarrear ao nenos e nenas e algúns signos que nos poden facer sospeitar da súa presenza. Para finalizar recalcou a importancia das revisións periódicas.