mércores, 4 de xuño de 2025

LECTURAS COMPARTIDAS: A FAMILIA DE ADRIÁN

Hoxe, na biblioteca de Antolín tivemos a visita da nai e o curmán de Adrián que nos viñeron a contar 2 contos: O peido máis grande do mundo e Ponte en mi lugar.  

O mono foi o que tivo a idea deste gran concurso. Un concurso de peidos na xungla, no que participarán o elefante, o león, a cebra, o hipopótamo, o rinoceronte…. Quen será o gañador?



Abella ten unha á enredada cun fío e non pode voar, Xoaniña perdeu un dos seus lunares, Araña ten moita seda que fiar..... Todos eles piden axuda a Grilo, pero el non pensa que esas cousas sexan importantes. Que ocurrirá cando el teña problemas? Axudaranlle os seus amigos?

Moitas grazas Leticia e Alejandro por compartir  esta tarde con nós e contarnos estes contos tan chulos e sobretodo por acudir sempre á chamada de Antolín.









ADIVIÑAS E CHISTES ESPACIAIS NA GALAXIA DE ANTOLÍN

O alumnado de 3º e 4º de Primaria superou o reto que lle propuxo Antolín cos seu podcast con chistes  e adivinanzas espaciais. E ollo, porque nos teñen preparados máis programas de chistes! 

ANIMAIS QUE VIAXARON AO ESPAZO

 A clase de 5º de Primaria superou o seu reto levando a cabo as seguintes presentacións sobre os animais que viaxaron ao espazo. Se queredes coñecelos soamente tedes que ver as súas presentacións!