O EDLG en colaboración coa biblioteca organizou un obradoiro de Portugués para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. O mundo do inho deulle nome a este obradoiro co que o alumnado, ademais de achegarse ao mundo que se expresa en portugués, compararon as ortografías galega e portuguesa para poder ler textos en portugués en galego sen ningunha dificultade.