venres, 28 de abril de 2023

DÍA DA DANZA

 Este ano celebramos o día da Danza a ritmo da Tarantela, o Corridinho, o Vals, o Morris Dance, a Polca e o Sirtaki.

martes, 25 de abril de 2023

CARTAS CON DESTINO A PARADELA

Coma todos os anos, o alumnado de 6º envía cartas aos seus compañeiros do Ceip Plurilingüe San Miguel De Paradela cos que compartirán instituto o vindeiro ano. Que compartirían con eles na última carta que lle enviaron?


 

venres, 21 de abril de 2023

PRODUTOS DOS BOSQUES E INCENDIOS FORESTAIS

 Hoxe abrimos as portas da biblioteca a Maite, a mamá de Leo que nos veu a falar do seu traballo. Recalcou a importancia de coidar os nosos bosques para que non ardan e que posibilidades hai para facelo. Tamén nos explicou como saber a idade dunha árbore e se esta estivo exposta a algún incendio ou a seca. Outra cousa que nos contou foi todo o que ofrece o bosque e como combinando o pastoreo e a plantación de plantas ornamentais ou medicinais pode revalorizarse o terreo. 

Que interesante todo o que compartiu co alumnado de 6º! Cantas cousas interesantes aprendemos. Moitas grazas por colaborar coa Biblioteca de Antolín e pola túa paciencia para contestar as preguntas que lles surxiron despois da túa presentación!












xoves, 20 de abril de 2023

A MALETA POETA DE ANTOLÍN

 Hoxe Antolín invitou ao alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria a ser poetas por un día para depois poder crear unha choiva de pareados.

Tiveron que abrir a maleta que lles enviou Antolín e escoller unha parella de fotografías para despois crear un pareado e escribilo na gota da chuvia.



ANTOLÍN TEN MOITA CURIOSIDADE

 Esta semana fixo moitas preguntas a mestres e a nenos e nenas. Quixo saber cal era a nosa personaxe de conto favorita, que significaba para nós ler...

                                                








mércores, 19 de abril de 2023

martes, 18 de abril de 2023

ANTOLÍN TEN UN PROBLEMA

 Antolín tivo que pedir axuda ao alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria porque moitos dos contos da biblio perderon as vogais do seu título. Serían capaces de recordarlle a Antolín os títulos?







venres, 14 de abril de 2023

ANTOLÍN TEN TODO LISTO PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

 Antolín xa ten todo listo para conmemorar a semana do libro. E este ano, quere que todo o alumnado demostre os seus superpoderes. Seredes capaces de convertervos en verdadeiros superheroes e superheroinas?




sábado, 1 de abril de 2023

BIBLIOAXUDANTES EN ACCIÓN

 Os biblioaxudantes seguen colaborando cada vez en máis tarefas da biblioteca.

Ler libros aos nenos e nenas de Infantil



Tamén comparten tempo facendo puzzles ou xogando a distintos xogos





Encárganse de colocar os libros



Facer préstamos e devolucións


Gravar Podcasts en Radio Antolín