Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse ata a Praza da Vila (Sarria), para acudir o evento organizado pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño do Ies Gregorio Fernández. Alí todos os coles da comarca recitamos poesías de Manuel María.
Benvid@s ao meu blog, onde vos ensinarei todo o que sucede na biblioteca do Ceip Plurilingüe Antonio Fernández López de Oural
Etiquetas
- Día do libro
- Nadal
- Entroido
- Mochilas viaxeiras
- Día da Paz
- Biblioaxudantes
- Samaín
- Radio Antolín
- Día da Muller
- Proxectos
- Contacontos
- Familias na biblioteca
- 25 de Novembro
- #DígochoEu
- Día de Rosalía
- Letras Galegas
- mes da Ciencia
- Día da biblioteca
- Plan Director
- Día da Poesía
- Día da arte
- Día das escritoras
- Maletas viaxeiras
- Día do deporte
- Recomendacións
martes, 21 de marzo de 2023
DÍA DA POESÍA
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse ata a Praza da Vila (Sarria), para acudir o evento organizado pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño do Ies Gregorio Fernández. Alí todos os coles da comarca recitamos poesías de Manuel María.
venres, 17 de marzo de 2023
DÍA DE SAN PATRICIO
Para conmemorar o día de San Patricio, en colaboración co Departamento de Inglés, fixemos un Obradoiro de Scones.
Compartimos con todos vós a receta e animámosvos a repetila nas vosas casas.
E tamén lle diseñamos un disfraz de Leprechaun a Antolín!
luns, 13 de marzo de 2023
I Feira de Relatos da Biblioteca de Antolín
mércores, 8 de marzo de 2023
ACTIVIDADES 8 DE MARZO DÍA DA MULLER
Coñecendo grandes mulleres galegas conmemoramos o día 8 de Marzo en Radio Antolín.
A clase de 3º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Lucía Freitas.
A clase de 1º e 2º coa axuda dos biblioaxudantes de 6º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Ana Peleteiro.
Mentres, varios dos biblioaxudantes elixiron un par de contos cuxo tema principal era a igualdade entre os homes e as mulleres para contar nas clases de Infantil.
mércores, 1 de marzo de 2023
Actividades 8 de Marzo
Na biblio xa temos lista a exposición de libros relacionados con esta conmemoración.