Benvid@s ao meu blog, onde vos ensinarei todo o que sucede na biblioteca do Ceip Plurilingüe Antonio Fernández López de Oural
Etiquetas
- Día do libro
- Familias na biblioteca
- Nadal
- Entroido
- Mochilas viaxeiras
- Día da Paz
- Radio Antolín
- Biblioaxudantes
- Samaín
- Día da Muller
- Proxectos
- Contacontos
- Letras Galegas
- 25 de Novembro
- #DígochoEu
- Día de Rosalía
- mes da Ciencia
- Día da arte
- Día da biblioteca
- Plan Director
- Día da Poesía
- Día das escritoras
- Maletas viaxeiras
- Recomendacións
- Día do deporte
xoves, 20 de febreiro de 2025
mércores, 19 de febreiro de 2025
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Esta semana celebramos o día de Rosalía de Castro, e esta mañá Antolín recibiu a visita de Manuela Cuentacuentos. Con ela repasamos datos importantes da súa vida como que era de Padrón, o seu gusto pola escritura desde pequeniña, que en moitos momentos foi invisible por ser muller e galega, recitamos varios dos seus poemas máis coñecidos e ata fixemos as nosas propias poesías.
mércores, 12 de febreiro de 2025
MOCHILA VIAXEIRA DE VIAXE AO COLE DE PARADELA
Antolín, ao que lle gusta moito compartir as súas aventuras, decidiu enviar unha das súas mochilas viaxeiras ao cole de Paradela. Envioulle unha selección dos libros favoritos do alumnado do cole de Oural e tamén lles pediu que nos contaran os libros que máis lle gustaron!
martes, 11 de febreiro de 2025
PODCAST OS ASTRONAUTAS
Seguimos a nosa viaxe pola Galaxia. 3 das nosas biblioaxudantes estiveron elaborando un programa no que os astronautas foron os protagonistas. Queredes saber como dormen no espazo? Que comen? Estas e outras preguntas volas responderán no seguinte podcast.